div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.08.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

09:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.08.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:40 h

O AGRO: O AGRO 13.08.2025

10:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 121

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:10 h

MAGNUM: MAGNUM 31

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

12:00 h

MAGNUM: MAGNUM 32

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

12:50 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 18

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega.

13:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 19.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.08.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.08.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 19.08.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.08.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 57

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1065

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 863

Terceiro día no programa para María, de Betanzos; María Peña, de Foz; Lucía, de Betanzos; Xián, de Moraña, e Elena, de Neda. O seu obxectivo é chegar ao 'Minuto final', pois é aquí onde se pode gañar o bote, que hoxe está xa nos 44.200 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 57

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 19.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.08.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

MOITO CHISTE: MOITO CHISTE 13

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.08.2026

21:40 h

MOITO CHISTE: Ourense

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. Catro novos concursantes compiten en ‘Moito chiste’, hoxe desde a cervexaría Miudiño, en Ourense.

21:55 h

CASAMOS!: Ana Pao e Santiago

Ana Pao e Santiago levan oito anos construíndo unha historia de amor que agora culmina coa súa voda. Para esta parella, o matrimonio relixioso ten un profundo significado, xa que consideran que a fe e Deus foron fundamentais no seu camiño. Ela é mexicana; el, fillo de galegos que emigraron a México hai máis de corenta anos. Agora celebrarán unha voda que unirá dúas culturas e dúas tradicións. ‘Casamos!' une hoxe unha parella, cuxa viaxe romántica comezou en México e continúa hoxe en Pontevedra coa súa voda. Ana Pao e Santiago protagonizan un enlace cheo de emoción, simbolismo e identidade.

23:00 h

CASAMOS!: A historia de amor de Andrea e Javi

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Hoxe, en 'Casamos!', Andrea e Javi retoman os plans de voda que paralizara a pandemia. Xa cunha filla en común, danse o ‘si quero’ nun evento íntimo e familiar.

00:10 h

DALLAS: DALLAS 60

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

01:00 h

DALLAS: DALLAS 61

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

01:45 h

AGORA OU NUNCA

Dous enfermos terminais de cancro, de caracteres e mundos totalmente opostos, establecen unha amizade. Edward Cole é un millonario engreído, mentres que Carter Chambers é un modesto mecánico. A pesar de todo, deciden emprender xuntos unha última viaxe para poder facer, antes de morrer, todas as cousas que sempre desexaron.

03:00 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 863

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

03:55 h

PRATOS COMBINADOS: Intensa vida social

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: O presidente ideal

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:30 h

PRATOS COMBINADOS: Esa señora é meu pai

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira intenta reunir cartos para mercar un sofá novo: organiza unha rifa para sortear un xamón que lle regalara a súa nai, unha idea que non lle resultará porque os clientes do bar comezan a sospeitar.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: O seguro cóbreo todo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:00 h

PRATOS COMBINADOS: Afortunado no xogo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:30 h

PRATOS COMBINADOS: Patinaxe artística

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A nai de Miro Pereira, a señora Carme, volve facerse escoitar desde a casa rural que rexenta, esta vez precisando axuda para avaliar os arranxos que a devandita vivenda require, pero, unha vez máis, Antón e Miro vanse cruzar no camiño facendo que pareza o que non é. Cando Antón chega de París de facer un cursiño, ocórreselle propoñerlle a Miro que, para animar o ambiente do bar, a camareira do Bar Suízo, Mónica, se poña a servir os clientes sobre patíns 'como viu facer en París'.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.08.2026

div-crtvg-top2

Publicidade