TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.08.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 17.08.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 119
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
MAGNUM: MAGNUM 27
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 28

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 16
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. ‘Diario do verán’ coñece hoxe a tradición e a festa na honra á Virxe do Carme dos Pincheiros, que se celebra na Pobra do Caramiñal.
A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 17.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 17.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.08.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 55
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1063
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 861
O 'Atrápame se podes' inicia a súa particular semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Elena de Neda, María Peña de Foz, Xián de Moraña e dende Betanzos chegan María e Lucía, que son nai e filla. O bote comeza o programa nos 43 700 euros. Quinto e último día no que participa a tripulación de concursantes formada por Vanessa, da Coruña; Ana, de Paderne; Pedro, de Cabeceiras de Basto (Portugal); Nicolás, de Curtis, e Pablo, de Cangas de Morrazo. O bote alcanzou a cifra de 43.700 euros e para levalo hai que chegar ao 'Minuto final' e acertar as cinco preguntas que formule Rodrigo Vázquez.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 55
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 17.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.08.2026
MOITO CHISTE: MOITO CHISTE 11
Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. Unha viñoteca da Coruña acolle hoxe unha nova edición de ‘Moito chiste’, con Sali, Miguel, Ramiro e Juan Luís como concursantes co seu mellor humor.
RECANTOS. O CÁSTING: RECANTOS. O CÁSTING CELANOVA
‘Recantos. O Cásting' percorrerá Galicia na procura dos artistas que participarán a vindeira temporada no mítico concurso do 'Luar'. Por primeira vez, os espectadores da TVG poderán ver a fase de selección dos talentos musicais da nosa terra, que serán escollidos pola cantante Pili Pampín, o produtor Cristian Yennia e o director de televisión Manu Turnes.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 15
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O espazo busca hoxe os temas de taberna máis populares de Marín e da comarca do Morrazo. Os tres grupos participantes serán amadriñados pola autora e intérprete Najla Shami, que se une ao xurado formado por Xurxo Fernándes e Samuel González.
DALLAS: DALLAS 56
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
DALLAS: DALLAS 57

MAJOR DUNDEE
Guerra de Secesión (1861-1865). O Forte Benlin, en Novo México, sofre un novo ataque da banda da Serra Charriba, un apache rebelde que, despois das súas incursións, se refuxia en México. Desta volta leva como reféns tres nenos. O Mayor Dundee, desobedecendo as ordes dos seus superiores, recruta delincuentes, negros e prisioneiros confederados para perseguir os indios e rescatar os nenos, pero en México interpóñense no seu camiño tropas francesas.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 119
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PRATOS COMBINADOS: O pequeno Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O problema da vivenda
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Pura fantasía
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un amigo de Paula, que aspira a ser director de cine e que está preparando a súa primeira película, queda prendado da casa onde vive esta co seu pai, o avogado Barreiro, xa que é xusto o escenario que estaba buscando para a súa rodaxe.