div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.08.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

07:05 h

MELLOR Á GALEGA II (ECLIPSE): Enrique Alonso Blanco

Fernando Romay recibe a Enrique Alonso Blanco, docente, investigador e divulgador científico da Universidade de Vigo, para descubrir as claves da eclipse de Sol que converterá Galicia no centro da atención astronómica.

09:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.08.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:40 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 115

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:05 h

MAGNUM: MAGNUM 19

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

11:55 h

MAGNUM: MAGNUM 20

12:40 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 11

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega.

13:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 10.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.08.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.08.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.08.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.08.2026

15:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 51

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1059

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 857

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Rodrigo Vázquez recibe no estudio do 'Atrápame' os cinco concursantes desta semana: Nicolás, de Curtis; Vanessa, da Coruña; Ana, de Paderne; Pablo, de Cangas de Morrazo, e Pedro, de Cabeceiras de Basto (Portugal). Todos queren levar o bote, que está nos 42.800 euros, pero para teren opcións de facerse con el deben superar as distintas fases do programa e presentarse no 'Minuto final'.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 51

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 10.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.08.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.08.2026

21:45 h

MOITO CHISTE: Betanzos

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. A Artesa da Moza Crecha, en Betanzos, convértese hoxe no escenario dunha nova entrega do concurso de humor, con Mauricio, Rubén, Elena e Ángel como protagonistas desta nova competición.

22:00 h

RECANTOS. O CÁSTING: Celanova

‘Recantos. O Cásting' percorrerá Galicia na procura dos artistas que participarán a vindeira temporada no mítico concurso do 'Luar'. Por primeira vez, os espectadores da TVG poderán ver a fase de selección dos talentos musicais da nosa terra, que serán escollidos pola cantante Pili Pampín, o produtor Cristian Yennia e o director de televisión Manu Turnes. Celanova acolle hoxe a segunda edición de 'Recantos. O cásting', con voces extraordinarias e moitas emocións. Duarte Galbán e o xurado reciben no Auditorio Municipal Ilduara os aspirantes, que acoden á selección musical arroupados por familiares, amigos e mesmo mascotas.

22:50 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 15

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O espazo busca hoxe os temas de taberna máis populares de Marín e da comarca do Morrazo. Os tres grupos participantes serán amadriñados pola autora e intérprete Najla Shami, que se une ao xurado formado por Xurxo Fernándes e Samuel González.

00:00 h

DALLAS: DALLAS 48

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

00:50 h

DALLAS: DALLAS 49

01:35 h

A TABERNA DO IRLANDÉS

Unha rica herdeira de Boston viaxa á Polinesia para se facer cargo do legado de seu pai, case un descoñecido para ela. O forte contraste entre a anarquía do lugar e a súa ríxida educación fai que todo na pequena illa do Pacífico lle pareza un disparate á acabada de chegar. Pouco a pouco, acabará contaxiada da ledicia que o enche todo e do estraño e plácido ritmo de vida na illa, animada ademais por dous mariñeiros americanos que nela acomodaron as súas vidas.

03:25 h

PRATOS COMBINADOS: Benvido don Marcial

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

03:55 h

PRATOS COMBINADOS: Estrelas da canción

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:25 h

PRATOS COMBINADOS: O Mago Pereira

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: Unha idade moi difícil

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:25 h

PRATOS COMBINADOS: Vellos amigos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: Festa no barrio

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:20 h

PRATOS COMBINADOS: Un Papá Noel moi especial

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:45 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.08.2026

div-crtvg-top2

Publicidade