div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 6

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' vivirá hoxe en directo o ambiente estival da Coruña, que celebra as súas Festas de María Pita.

08:05 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 12

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O programa continua nesta faixa desde O Carballiño con máis protagonistas ligados á vida do concello. Entre eles estará Ana Rodríguez, xerente da Froitería Amoras, e tamén Isidro Vidal, considerado un dos gaiteiros máis emblemáticos da localidade e autor dunha muiñeira dedicada á Festa do Polbo.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 01.08.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1747

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:35 h

RECANTOS. O CÁSTING: RECANTOS. O CASTING VIVEIRO

‘Recantos. O Cásting' percorrerá Galicia na procura dos artistas que participarán a vindeira temporada no mítico concurso do 'Luar'. Por primeira vez, os espectadores da TVG poderán ver a fase de selección dos talentos musicais da nosa terra, que serán escollidos pola cantante Pili Pampín, o produtor Cristian Yennia e o director de televisión Manu Turnes.

11:20 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 17

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

13:05 h

A VOLTAS CO PRATO: TEN EIRUGA? É BOA LEITUGA!

Xulio Mato cociña pudin de leituga e queixo acompañado de crema de leituga. Begoña Vázquez prepara leituga guisada con leituga líquida.

13:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 08.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 08.08.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.08.2026

15:40 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 26

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.

19:45 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA VI 71

20:55 h

FÚTBOL: NÁPOLES - CELTA

22:55 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 1 CINEMA- MARBELLA

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A primeira protagonista de ‘A Orquestra Perfecta’ será a emblemática París de Noia, que o vindeiro ano celebra o seu 70 aniversario.

23:00 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 1

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A primeira protagonista de ‘A Orquestra Perfecta’ será a emblemática París de Noia, que o vindeiro ano celebra o seu 70 aniversario.

01:05 h

COMO SER FELIZ: AS COUSAS DO ÉXITO

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. 

02:40 h

A FORZA DO SILENCIO

Historia real sobre a loita contra a mafia siciliana. En 1925, Mussolini, que chegara ao poder facía tres anos, enviou a Cesare Mori a Sicilia como prefecto da policía, coa misión de acabar coa mafia. O réxime fascista estaba preocupado polo seu poder e influencia, así que os catro anos seguintes pasaron á historia como a época do ‘Prefecto de ferro’, que detivo e condenou a máis de dous mil mafiosos.

04:30 h

PRATOS COMBINADOS: Cociñeiros de París

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O Concello acaba de organizar unhas xornadas de promoción turística en París e convidan a Balbina a cociñar alí algúns dos seus pratos máis típicos. Os celos de Miro e os desexos de Antón de viaxar á capital francesa cruzaranse no traballo de Balbina.

05:00 h

PRATOS COMBINADOS: O crecepelo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Nunha libreta en que están apuntados vellos remedios caseiros da avoa Carme aparece unha receita infalible contra a calvicie. Trátase dun crecepelo que, como se demostra finalmente, non funciona tan ben como se agardaba e presenta algúns efectos secundarios. Miro e o xefe de Antón serán as súas víctimas.

05:00 h

PRATOS COMBINADOS: A primitiva

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A familia Pereira non gaña para sustos. Nesta ocasión, a trama vese envolta nun infortunio cos xogos de azar e como principal culpable aparece Antón.

05:30 h

PRATOS COMBINADOS: O apartamento

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Rosalía xa non atura máis na casa, e busca unha solución alternativa... Quizais o aluguer dun apartamento?

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: Un produto caducado

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un cliente do Bar Suízo atópase mal despois de tomar unha consumición no establecemento e culpa da súa doenza a un produto caducado. Pero posteriormente os acontecementos tomarán outros derroteiros e o producto caducado non era tal.

06:25 h

PRATOS COMBINADOS: Para mulleres soamente

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina decide celebrar o seu aniversario prescindindo, nesta ocasión, de Miro para, segundo ela di, divertirse ao seu gusto, sen as habituais meteduras de pata do seu home.

div-crtvg-top2

Publicidade