TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 06.08.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
MELLOR Á GALEGA II (ECLIPSE): Mónica Pereira Agulla
Fernando Romay conversa con Mónica Pereira Agulla, divulgadora científica e colaboradora de iniciativas astronómicas en Galicia, para descubrir como a observación do ceo pode converterse nunha experiencia ao alcance de calquera.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.08.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 113
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
MAGNUM: MAGNUM 15
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 16
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 9
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. Hoxe, en Ribadavia, recibirá a visita de Chema Dapena, dedicado á elaboración de doces sefardís, e se coñecerá a historia de Alejandro Amor, un ex piloto mexicano convertido en adegueiro no Ribeiro, entre outros convidados e contidos.
A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 06.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.08.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 49
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 14
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. Hoxe, en Ribadavia, conversarase con Miguel García, presidente da Fundación Festa da Istoria e coa alergóloga Marimar Álvarez, entre outros convidados e contidos.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 06.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
FÚTBOL: Fiorentina-Deportivo
En directo, novo partido de pretemporada do Real Club Deportivo da Coruña na súa xira internacional, narrado por Óscar Benito e Tito Ramallo. Desde o Stadio Curva Fiesole, o conxunto herculino enfrontarase á ACF Fiorentina, unha cita de alto nivel fronte un rival de máxima esixencia.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.08.2026
MOITO CHISTE: MOITO CHISTE 8
Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. Desde O Freixo Café, na localidade de Pontedeume, Olga, Pablo, Pedro e Carmen son os protagonistas desta nova competición, en que deben demostrar a súa capacidade para facer rir ao público cunha selección de chistes, anécdotas e ocorrencias.
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 7
Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa 'Land Rober Tunai Show'. Nesta ocasión, os sketchs xirarán arredor dunha temática moi propicia para a comedia, como é a gastronomía. Os espectadores poderán gozar de situacións disparatadas relacionadas con restaurantes, convites e todo tipo de experiencias culinarias.
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 10
Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa 'Land Rober Tunai Show'. Nesta ocasión, os sketchs xirarán arredor do ambiente hospitalario. Os espectadores poderán gozar de situacións disparatadas ambientadas entre consultas, doenzas e imprevistos médicos.
A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 6
Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A primeira protagonista de ‘A Orquestra Perfecta’ será a emblemática París de Noia, que o vindeiro ano celebra o seu 70 aniversario.
DALLAS: DALLAS 46
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
DALLAS: DALLAS 45
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
PRATOS COMBINADOS: Banquetes
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro, animado polo seu cuñado Antón e polo dinámico Paspallás, decide comezar a facer banquetes para grandes grupos no local. As súas aspiracións de atraer turistas e celebracións vai tropezar coa dura realidade. Finalmente, un equipo de fútbol proporcionaralle a ocasión de facer un bo negocio.
OPERACIÓN U.N.C.L.E.
Guerra fría, anos 60. A película narra as aventuras de dous axente secretos que se asemellan máis do que pensan: Napoleón Solo, da CIA; e Illya Kuryakin, do KGB. Ambos os dous vense obrigados a esquecer as súas diferenzas e conformar un equipo. A misión será poñer fin a unha misteriosa organización criminal internacional que pretender desestabilizar o fráxil equilibrio de poder provocado pola proliferación das armas nucleares. A filla dun científico alemán desaparecido é a clave para infiltrarse na organización, atopar ao científico e evitar unha catástrofe mundial.
PRATOS COMBINADOS: Coche novo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.
PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.
PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.
PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.
PRATOS COMBINADOS: O tío Benigno
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro bota a Antón do Bar Suízo logo dunha liorta por 'carota' e por 'gorrón'. Antón, desgustado polo trato, inventa unha enseñosa vinganza contra Miro e Balbina. Resulta que por eses días aparece no Bar Suízo un señor que di ser o tío Benigno, que marchara como emigrante a México, hai xa moitos anos e que, logo de facer unha inmensa fortuna, regresa para compartir coa familia que lle queda as súas riquezas.
PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.
PRATOS COMBINADOS: Os candidatos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina e Miro deciden presentarse, cada un pola súa conta, como candidatos a presidir a Asociación de Hosteleiros. Antón será, nesta ocasión, o asesor de Miro. Ambos candidatos teñen ideas moi diferentes sobre o que se debe facer na asociación, o que dará lugar a divertidos enredos e equívocos.