TVG - CSAG
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.08.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 48
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 13
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 856
Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes, que está formada por Ana de Paderne, Nicolás de Curtis, Pablo de Cangas de Morrazo, Pedro de Cabeceiras de Basto (Portugal) e Vanessa da Coruña. O bote inicia o programa de hoxe nos 42 600 euros.
FÚTBOL: SASSUOLO - CELTA
MOITO CHISTE: MOITO CHISTE 7
Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 05.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.08.2026
CASAMOS!: AITANA E JONY
Aitana e Jony son unha parella de Ourense que decidiu dar o paso e celebrar a súa unión cunha voda inesquecible. De etnia xitana, preparan unha celebración por todo o alto que reunirá a máis de 400 convidados e na que non faltarán as tradicións, a emoción e o espectáculo. A celebración culminará cunha entrada triunfal dos noivos en carroza e unha gran festa na que a música e o baile serán os auténticos protagonistas, reflectindo a alegría e a esencia das vodas xitanas.
CASAMOS!: A historia de amor de Andrea e Javi
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Este martes, en 'Casamos!', Andrea e Javi retoman os plans de voda que paralizara a pandemia. Xa cunha filla en común, danse o ‘si quero’ nun evento íntimo e familiar.
DALLAS: DALLAS 43
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
DALLAS: DALLAS 44
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
MICHELLE E OBAMA
No verán de 1989, en Chicago, o que ía ser o futuro presidente dos Estados Unidos, o licenciado en leis por Harvard Barack Obama, tivo a súa primeira cita coa que sería a súa esposa e a futura primeira dama, Michelle.
PRATOS COMBINADOS: O defunto Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina recibe unhas tan estrañas coma inquietantes cartas. A Caixa de Aforros anúncialle que axiña comezará a cobrar a súa pensión por ser viúva. Un representante de Pompas Fúnebres ofrécelle un amplo catálogo de lápidas. Miro Pereira non pensa que todo sexa producto dunha confusión, senón que, se cadra, realmente está morto.
PRATOS COMBINADOS: O cóctel
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Matías é un home encantador que aparece polo Bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados.
PRATOS COMBINADOS: A recomendación
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.
PRATOS COMBINADOS: América, América
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.