div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 03.08.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

09:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 03.08.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:40 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 110

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:05 h

MAGNUM: MAGNUM 9

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

11:50 h

MAGNUM: MAGNUM 10

12:40 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 6

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' vivirá hoxe en directo o ambiente estival da Coruña, que celebra as súas Festas de María Pita.

13:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 03.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 03.08.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 03.08.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.08.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 03.08.2026

15:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 46

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:05 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 11

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' vivirá hoxe en directo o ambiente estival da Coruña, que celebra as súas Festas de María Pita.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 854

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Sergio, de Culleredo; Marta, de Pontevedra; Tamara, de Santiago de Compostela; Andrés, de Betanzos, e Charo, de Mesía, están diante dunha nova oportunidade de facerse co gran premio do programa. O bote alcanzou hoxe os 42.500 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 46

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 03.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.08.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 03.08.2026

21:45 h

MOITO CHISTE: MOITO CHISTE 3

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas.

22:00 h

RECANTOS. O CÁSTING: RECANTOS. O CASTING VIVEIRO

‘Recantos. O Cásting' percorrerá Galicia na procura dos artistas que participarán a vindeira temporada no mítico concurso do 'Luar'. Por primeira vez, os espectadores da TVG poderán ver a fase de selección dos talentos musicais da nosa terra, que serán escollidos pola cantante Pili Pampín, o produtor Cristian Yennia e o director de televisión Manu Turnes. O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a primeira audición de 'Recantos. O cásting' na procura dos novos recanteiros e recanteiras.

22:45 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 14

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O Furancho O Pilón acollerá hoxe as primeiras interpretacións da temporada, en que se porá a proba o grupo +Q Cantigas, as Cantareiras Bulideiras e A banda do Sequío. O xurado permanente que avaliará a competición estará formado por Xurxo Fernandes, un dos maiores expertos na música tradicional galega, e Samuel González, guitarra e voz do grupo indie de The Rapants; mentres que a madriña destas tres formacións e que formará parte do xurado, será a cantautora Antía Muíño.

00:00 h

DALLAS: DALLAS 39

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

00:45 h

DALLAS: DALLAS 40

01:30 h

A MANDA HUMANA

A fuxida dunha cadea de Texas dun preso condenado por unha chea de adversas circunstancias, mobiliza na súa persecución toda unha cidade, que o culpa dun asasinato realmente cometido polo seu compañeiro de fuxida. Con todo, o shériff cre na súa inocencia e enfrontarase a toda unha manda humana, encirrada polo cacique local, moi interesado na morte do preso.

03:40 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 110

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

04:00 h

PRATOS COMBINADOS: Todo un artista

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Poranse a proba os celos de Miro Pereira, cando a súa dona Balbina e a súa filla Rosalía senten unha gran admiración por algúns artistas e, sobre todo, polo escritor Tomás Vilariño, un dos habituais clientes do bar. Ante esta provocación, Miro afirma que el é tan imaxinativo e creador coma o que máis, e decide converterse en escritor contando para iso coa inestimable axuda do seu cuñado Antón.

04:30 h

PRATOS COMBINADOS: Mans de seda

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo prodúcense toda unha serie de roubos. O Paspallás, Antón e algúns outros clientes botan en falta as súas carteiras. Cando a Balbina lle falta a súa axenda electrónica pecha de súpeto as portas do bar coa esperanza de que o ladrón aínda estea no interior do local.

05:00 h

PRATOS COMBINADOS: Tódolos homes son distintos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Rosalía prepara a súa oposición coa esperanza de se converter en profesora de instituto. Un antigo profesor -o coñecido catedrático Ramón Parga- promételle axuda. Trátase dun home abraiante que ademais sabe entender o papel da muller actual. Pero nada é como parece...

05:25 h

PRATOS COMBINADOS: O cóctel

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Matías é un home encantador que aparece polo Bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados.

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: A recomendación

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.

06:25 h

PRATOS COMBINADOS: América, América

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 03.08.2026

div-crtvg-top2

Publicidade