div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 1

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' salta tamén ás mañas da TVG para ofrecer unha dobre edición diaria, que hoxe terá como escenario as Festas do Apóstolo de Culleredo.

07:00 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS CULLEREDO

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' salta tamén ás mañas da TVG para ofrecer unha dobre edición diaria, que hoxe terá como escenario as Festas do Apóstolo de Culleredo.

08:05 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 7

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O espazo 'Diario do Verán' vive hoxe de preto o ambiente do Festival Costa Feira de Sanxenxo, que combina música, cultura e gastronomía.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1734

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:35 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 15

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

13:10 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 43

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

13:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 01.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

15:40 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 24

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. A nova Lei do Tabaco centra a sobremesa de ‘Tarde Piaches’, que contará coa música en directo de Gabriel Fandi.

18:25 h

FÚTBOL: Partido amigable de pretemporada: St. Pauli-R. C. Deportivo

En directo. Despois de tres partidos en chan español, o Deportivo comeza unha xira internacional que terá unha primeira parada en Hamburgo para enfrontarse no Millerntor Stadion ao FC St. Pauli, un equipo que acaba de descender da Bundesliga.

19:20 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 01.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

20:20 h

O DÍA DA ROMARÍA: Santiaguiño do Monte

Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. 'O Día da Romaría' achégase hoxe a Padrón para vivir o Santiaguiño do Monte, o que din é o santo máis parrandeiro de toda Galicia.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:55 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 1

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.08.2026

22:00 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 6

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A primeira protagonista de ‘A Orquestra Perfecta’ será a emblemática París de Noia, que o vindeiro ano celebra o seu 70 aniversario.

23:45 h

MALAS PÉCORAS: 14- DESI VILA E JAVIER GÓMEZ-NOYA

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.

00:35 h

MALAS PÉCORAS: 14- DESI VILA E JAVIER GÓMEZ-NOYA

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. Coa participación dos atletas Desi Vila e Javier Gómez Noya, ‘Malas Pécoras’ falará esta semana de deporte de elite e sexo. O programa abordará como se vive o amor e a sexualidade cando o deporte ocupa boa parte da vida, e resolverá os principais mitos sobre fertilidade e embarazo da man da matrona Lidia Lestegás.

01:30 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 7

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. ‘Bailamos celebrity’ entra en semifinais con seis bailaríns dispostos a brillar no escenario. Os concursantes elixen as súas cancións favoritas para coreografías que prometen emoción, intensidade e espectáculo.

03:30 h

O LONGO VENRES SANTO

Harold Shan, un gánster inglés ben establecido, está a piques de pechar un lucrativo negocio coa mafia estadounidense. Pero cando unha serie de bombas comezan a estoupar en distintos puntos de Londres, todo semella ir mal. Amigos e membros da súa banda van morrendo, á vez que a relativa calma dos últimos dez anos racha en mil pedazos. Un misterioso sindicato intenta involucralo, polo que Harold terá que pescudar quen son e que é o que queren, pero polo camiño deixará un rastro sanguento no seu percorrido cara á verdade.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Festa de cumpreanos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Migueliño chega á conclusión de que xa é hora de encargarse dos seus propios asuntos, para non ser tratado como un neno toda a vida. Por iso, convence os seus pais para que lle deixen organizar a súa festa de aniversario e, a maiores, contará coa ‘axuda’ do tío Antón.

05:10 h

PRATOS COMBINADOS: Andar ás troitas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A trama xira arredor da pesca furtiva, xa que Miro non pode resistir a tentación de ir ás troitas, competindo con Paspallás e Antón. A súa presunción provoca, por unha banda, a ‘envexa’ dos seus competidores e, pola outra, a acusación do seu fillo Migueliño que, como bo ecoloxista e amante da natureza, non pode consentir as prácticas furtivas do seu pai.

05:30 h

PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.

05:35 h

PRATOS COMBINADOS: Derbi galego

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Xira arredor da transmisión televisiva do derbi futbolístico Celta-Dépor e das intencións de Miro Pereira de que o Bar Suízo sexa visitado por moitos afeccionados para ver o partido. Pero unha inoportuna e complicada avaría do receptor de televisión pon en perigo os plans de Miro, sobre todo, cando os intentos de Antón e Paspallás por arranxar o aparato non fan máis que empeorar as cousas.

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: A guerra das hamburguesas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante onde demostrar as súas artes culinarias, lonxe dos clientes apresurados e convencionais do Bar Suízo. Sabedora de que non é doado plantexarlle o asunto a Miro e para tentear se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a mercar o bar.

06:30 h

PRATOS COMBINADOS: Amnesia

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un golpe fortuíto na cabeza, provocado por un descoido de Miro, prodúcelle amnesia a Antón. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ver o asunto con outros ollos.

div-crtvg-top2

Publicidade