div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 31.07.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 31.07.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 109

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:10 h

MAGNUM: MAGNUM 7

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

11:55 h

MAGNUM: MAGNUM 8

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

12:40 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 5

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. A localidade de Baiona, onde comezan as Festas da Anunciada, será hoxe o escenario do 'Diario do Verán'.

13:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 31.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 31.07.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 31.07.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 31.07.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 31.07.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 45

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:05 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 10

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. A localidade de Baiona, onde comezan as Festas da Anunciada, será hoxe o escenario do 'Diario do Verán'.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 853

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Un gran premio de 42.400 euros está esperando por un concursante que acerte todas as preguntas do 'Minuto final'. Marta, de Pontevedra; Sergio, de Culleredo; Charo, de Mesía; Tamara, de Santiago de Compostela, e Andrés, de Betanzos, son os candidatos desta semana a levar o bote.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 44

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 45

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:50 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 31.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 31.07.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 31.07.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1494

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' despide este venres temporada cunha homenaxe á canción do verán. O programa xuntará no escenario os máximos representantes dos grandes temas que lles puxeron a banda sonora aos meses de máis calor, como Los Diablos, King África e The Refrescos, entre outros.

00:05 h

DALLAS: DALLAS 37

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

00:55 h

DALLAS: DALLAS 38

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

01:40 h

O RAPOSO

Franz Streitberger, un mozo austríaco cunha infancia marcada pola pobreza, acaba convertido en soldado durante a Segunda Guerra Mundial. Ese mozo reservado ao que lle custa facer amigos entre os camaradas atopa un día un raposiño ferido nun bosque de Francia e decide coidalo. O raposo convértese no seu amigo fiel e acompaña a Franz nas súas misións, ata que un día o soldado ten que marchar para a fronte rusa.

03:35 h

PRATOS COMBINADOS: Recoñecemento médico

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro deberá afrontar o seu medo a ir ao médico por unha dor de estómago.

03:55 h

PRATOS COMBINADOS: Rebaixas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un coñecido cantante vai actuar na cidade e a avoa Carme anuncia que un amigo seu, que agora se dedica ás artes, iría recollela para darlle unha sorpresa.

04:25 h

PRATOS COMBINADOS: Altas finanzas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro e Balbina deciden utilizar algúns dos seus aforros en facer unha reforma no bar, pero Antón convence a Miro de que é un bo momento para investir na Bolsa e coloca os aforros do seu cuñado nunha operación bursátil catastrófica, sen dicirlle nada a Balbina.

04:30 h

ERA VISTO: O muro / Kevin rampante / O día dos namorados

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

04:50 h

PRATOS COMBINADOS: Candidato Miro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do bar entra con forza na loita política por ocupar a presidencia da asociación de veciños. Para presentarse contará coa inestimable colaboración do seu cuñado, Antón, co que leva a cabo unha impresionante campaña electoral en que non faltarán nin os subornos nin as chantaxes, chegando incluso á manipulación dunha urna.

05:00 h

ERA VISTO: O home do tempo / Elvira comunista / Loita de poder

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Nunha nova entrega de ‘Era Visto!’, Moncho métese a home do tempo, Elvira abraza a ideoloxía comunista e a don Anselmo dispútanlle a presidencia dos empresarios de Lameiro.

05:15 h

PRATOS COMBINADOS: Animaliños

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío conductor será o declarado amor de Migueliño, fillo do matrimonio Pereira, a todos os animais... irracionais. Deste xeito, o benxamín da familia atopa na rúa un gato abandonado, e decide levalo para a casa, malia que é consciente de que o terá que agochar, porque os seus pais non lle darán permiso para telo na casa. Esta inofensiva manobra de Migueliño para ofrecerlle un fogar ao gato non será máis que a primeira espoleta que desencadee unha serie de divertidas situacións e de malentendidos.

05:30 h

ERA VISTO: O perigo amarelo / O pixama / Parque temático

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. A moda do pixama e a iniciativa de montar un parque temático en Lameiro centran as historias do ‘Era Visto!’ deste mércores.

05:45 h

PRATOS COMBINADOS: Festa de cumpreanos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Migueliño chega á conclusión de que xa é hora de encargarse dos seus propios asuntos, para non ser tratado como un neno toda a vida. Por iso, convence os seus pais para que lle deixen organizar a súa festa de aniversario e, a maiores, contará coa ‘axuda’ do tío Antón.

06:00 h

ERA VISTO: O hórreo / O mellor programa do mundo / A troita

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. O hórreo de don Anselmo e o negocio de Moncho limpando o faiado da casa, protagonistas nos sketchs de ‘Era Visto!’.

06:10 h

PRATOS COMBINADOS: Andar ás troitas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A trama xira arredor da pesca furtiva, xa que Miro non pode resistir a tentación de ir ás troitas, competindo con Paspallás e Antón. A súa presunción provoca, por unha banda, a ‘envexa’ dos seus competidores e, pola outra, a acusación do seu fillo Migueliño que, como bo ecoloxista e amante da natureza, non pode consentir as prácticas furtivas do seu pai.

06:30 h

ERA VISTO: Choupa Leaks / O fonema humano de Kevin / A rotonda

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Na entrega de ‘Era Visto!’, Moncho descobre o destino das grandes fortunas de Lameiro.

06:35 h

PRATOS COMBINADOS: Derbi galego

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Xira arredor da transmisión televisiva do derbi futbolístico Celta-Dépor e das intencións de Miro Pereira de que o Bar Suízo sexa visitado por moitos afeccionados para ver o partido. Pero unha inoportuna e complicada avaría do receptor de televisión pon en perigo os plans de Miro, sobre todo, cando os intentos de Antón e Paspallás por arranxar o aparato non fan máis que empeorar as cousas.

div-crtvg-top2

Publicidade