div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 463

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. En ‘O Termómetro’ falarase este xoves da nova Lei do Medicamento, da suba do prezo dos combustibles e dos atrasos que sofren as comunidades de propietarios nas obras de rehabilitación.

07:00 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 5

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O programa ‘Diario do Verán’ achégase esta tarde a Compostela para celebrar o inicio das súas festas.

08:20 h

LABRANZA: LABRANZA 1736

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

08:50 h

FOGOS DO APÓSTOLO 2026: FOGOS APÓSTOLO 2026

A Televisión de Galicia retransmitirá o tradicional espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo, un dos momentos máis agardados das festas de Santiago de Compostela, que este ano recupera a proxección de luces sobre a fachada do Pazo de Raxoi, nunha emisión conducida por Arturo Fernández, apoiado polo xornalista e profesor Manuel Gago.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

09:50 h

OFRENDA AO APÓSTOLO: ACTOS OFRENDA APÓSTOLO SANTIAGO 2026

O 25 de xullo, Día de Galicia, comezará na TVG coa retransmitisión da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, en que actuará como delegado rexio o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O acto contará cos comentarios de Alberto Varela, redactor xefe da Corporación, e Antonio Rúa, párroco de San Andrés de Teixido.

12:15 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 13

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:00 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 25.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.07.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.07.2026

15:40 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 22

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.

19:25 h

FÚTBOL: PARTIDO AMIGABLE PRETEMPORADA. REAL OVIEDO - RC DEPORTIVO

21:20 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 25.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:25 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 25.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.07.2026

22:00 h

GALA: A FESTA INTERMINABLE (GALA 25 XULLO 2026)

00:50 h

O SIGNO DE VENUS

Cesira vive na casa da súa prima Agnese. Agnese é fermosa, mentres que Cesira, soñadora e sentimental, é pouco agraciada. Agnese atrae cara a si todas as miradas, mentres que Cesira, en cambio, pasa sempre inadvertida. A pesar disto, soña con atopar o home da súa vida, xa que unha adiviña díxolle que esta no ‘signo de Venus’. Un día coñece a Romolo, un mozo que vive de expedientes, e a Alessio, un home maduro que se considera un poeta e que a conquista co seu modo de ser indiferente e superior. Un accidente fortuíto permítelle coñecer a Ignazio, un aposto bombeiro, pero este, cando coñece a Agnese, dedícalle toda a súa atención. Unha noite todos os seus amigos atópanse casualmente reunidos.

00:50 h

NADA É PARA SEMPRE: NADA É PARA SEMPRE 1

Especial que recompila as actuacións musicais máis emblemáticas e curiosas dos 40 anos de historia da TVG. Coa narración de Kiko Novoa, a voz das mañás da Radio Galega, os espectadores verán artistas internacionais, nacionais e galegos, e escoitarán os temas máis coñecidos dos cantantes e grupos que máis triunfaron.

02:15 h

NADA É PARA SEMPRE: Nada é para sempre

Especial que recompila as actuacións musicais máis emblemáticas e curiosas dos 40 anos de historia da TVG. Coa narración de Kiko Novoa, a voz das mañás da Radio Galega, os espectadores verán artistas internacionais, nacionais e galegos, e escoitarán os temas máis coñecidos dos cantantes e grupos que máis triunfaron.

02:20 h

ERA VISTO!: Minijobs

Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.

06:30 h

ERA VISTO!: A molladura solitaria

'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.

div-crtvg-top2

Publicidade