div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.07.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.07.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 106

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 173

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con 'fitball', pau e esteira centrada na mobilidade e na zona lumbar. Anxo, Noemí, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 464

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No día en que a raíña Letizia visita as instalacións de Adolfo Domínguez en Ourense, ‘O Termómetro’ conversará co deseñador sobre a súa traxectoria no mundo da moda.

13:00 h

ENTREGA MEDALLAS DE GALICIA: ENTREGA MEDALLAS GALICIA 2026

Retransmisión en directo da entrega das Medallas de Galicia, que este ano distinguen catro galegas do exterior.

14:10 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 24.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:10 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.07.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.07.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.07.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.07.2026

15:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 40

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

17:50 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 5

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O programa ‘Diario do Verán’ achégase esta tarde a Compostela para celebrar o inicio das súas festas.

19:25 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 849

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa está xa nos 41.600 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Paula, de Mesía; Marietta, de Ribadeo; Xosé, das Pontes de García Rodríguez; Fran, de Pontevedra, e Héctor, de Santiago de Compostela. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'Minuto final'.

20:10 h

A VOLTAS CO PRATO: Doces con ovos... e á noite, fogos

Xulio Mato cociña flan “pâtissier”, un flan típico de París cunha base de masa crebada ou follada. Merchi Rodal prepara un “soufflé” flamexado con ron.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 40

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 24.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.07.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.07.2026

21:45 h

O DÍA DE GALICIA

O especial 'O Día de Galicia' vive esta noite a conta atrás para os Fogos do Apóstolo. Desde a praza do Obradoiro, Lucía Rodríguez achegará a historia e a tradición que envolven estas festas, amosará o ambiente previo ao espectáculo pirotécnico e conectará en directo con outros puntos de Galicia onde tamén se celebra o Santiago.

23:15 h

FOGOS DO APÓSTOLO 2025: FOGOS APÓSTOLO 2026

Espectáculo pirotécnico que será comentado por Arturo Fernández e Sabela Romar. Os Fogos do Apóstolo lanzaranse este ano desde tres puntos distintos da cidade de Santiago: a Alameda, a Cidade da Cultura e o parque de Carlomagno, no barrio de Fontiñas.

23:25 h

FOGOS DO APÓSTOLO 2026: FOGOS APÓSTOLO 2026

A Televisión de Galicia retransmitirá o tradicional espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo, un dos momentos máis agardados das festas de Santiago de Compostela, que este ano recupera a proxección de luces sobre a fachada do Pazo de Raxoi, nunha emisión conducida por Arturo Fernández, apoiado polo xornalista e profesor Manuel Gago.

00:15 h

ESPECIAL: Panorama no Obradoiro

02:15 h

OS RAPACES NO BOTE

Ambientada nos anos 30, achega a historia real do equipo de remo da Universidade de Washington, desde os seus comezos na era da Gran Depresión ata a súa participación nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936.

04:10 h

ERA VISTO!: O himno

'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.

04:35 h

ERA VISTO!: A morte de Kevin

'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.

05:05 h

ERA VISTO!: O mellor amigo do can

'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.

05:30 h

ERA VISTO!: A pitón

06:00 h

ERA VISTO!: A molladura solitaria

'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.

06:20 h

ERA VISTO!: 'A herdanza'

Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.

div-crtvg-top2

Publicidade