div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1058

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:20 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 845

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Remata a nosa particular semana, polo que nos temos que despedir do grupo de concursantes integrado por Samuel, de Mazaricos; José, de Betanzos; Pablo, das Pontes de García Rodríguez; Laura, da Coruña, e Mary, de Gondomar. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de levaren o bote, que acumula ao inicio do programa 40.800 euros.

09:00 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 35

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 18.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1753

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 94

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

11:35 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 11

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

13:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 18.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 18.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.07.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.07.2026

15:45 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 20

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. A diferenza de idade no amor e a costeira do bonito, protagonistas nun ‘Tarde Piaches’ que ofrecerá unha entrevista coa actriz Lucía Veiga.

19:45 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 18.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

20:25 h

FÚTBOL: Partido amigable de pretemporada: S.C. Braga- R. C. Celta

En directo, desde Portugal, encontro de dous equipos que a pasada temporada chegaron aos cuartos de final da Europa League.

20:30 h

FÚTBOL: PARTIDO AMIGABLE PRETEMPORADA. SC BRAGA - RC CELTA

21:15 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 18.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:30 h

MALAS PÉCORAS: Aitana del Mar e Mario Vaquerizo

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. Noite de humor e confidencias en ‘Malas pécoras’, onde Mario Vaquerizo e Aitana del Mar falarán de como cambiou a forma de vivir a sexualidade. O programa abordará os retos da educación afectivo-sexual na infancia e na adolescencia da man da sexóloga e educadora social Sabela Maceira.

23:40 h

COMO SER FELIZ: AS COUSAS DA PERDA

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público.  Nunha das súas entregas máis emocionantes, 'Como ser feliz' aborda esta semana a perda e o duelo. Coa participación ao campión do mundo de surf adaptado Aitor Francesena, da psicóloga Ana Villarrubia e de numerosos testemuños reais, amosará como pode volver a felicidade despois destas difíciles experiencias.

00:00 h

COMO SER FELIZ: AS COUSAS DA PERDA

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. 

01:25 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 6

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. Actuacións espectaculares e de cine na edición de hoxe de 'Bailamos Celebrity'. Os concursantes enfróntanse a retos como o ‘Vogue’ de Madonna, o ‘SloMo’ de Chanel, a ‘Conga’ de Gloria Estefan e o ‘I will always love you’ de Whitney Houston.

03:30 h

O DESERTO VERMELLO

Unha muller que acaba de sufrir un tremendo shock emocional despois dun aparatoso accidente de tráfico vive unha depresiva vivencia nunha cidade industrial que tal parece un deserto, tanto no seu aspecto físico coma no das relacións entre os seus habitantes.

04:20 h

ERA VISTO!: Autosuficiencia enerxética / Amnesia / Máis que amigos

Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.

05:30 h

ERA VISTO!: O home do saco / O calendario / Caravana de mulleres

Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.

06:00 h

ERA VISTO!: Kevin cachas / O panteón / A terraza

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

06:15 h

ERA VISTO!: Sisi / O emprendedor / O zoupón de Lameiro

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

06:25 h

ERA VISTO!: Aeroporto 2014 / Working 10 / Lameiro, Texas

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

div-crtvg-top2

Publicidade