TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.07.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 12.07.2026
Presenta Chus Tanoira.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.07.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 101
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 164
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con esteira e 'step' centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e tamén falan das cambrás e das dietas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 455
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ explicará como deixar a casa protexida durante as vacacións e como combater as velutinas este verán.
A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 13.07.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.07.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.07.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.07.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.07.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 31
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1054
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 841
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a José, de Betanzos; Laura, da Coruña; Mary, de Gondomar; Pablo, das Pontes de García Rodríguez, e Samuel, de Mazaricos. O bote comeza o programa nos 39.900 euros.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 31
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 13.07.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.07.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.07.2026
POR ROBER ABANDÓNASME NO VERÁN: POR ROBER ABANDÓNASME NO VERÁN 6
Divertida proposta estival, en que os mellores momentos e algúns dos personaxes máis destacados do universo 'Land Rober' volven xuntarse este verán. A ximnasta Melania Rodríguez e o actor Xoán Fórneas, protagonistas hoxe no espazo ‘Por Rober abandónasme no verán'.
POR ROBER ABANDÓNASME NO VERÁN: POR ROBER ABANDÓNASME NO VERÁN 7
Divertida proposta estival, en que os mellores momentos e algúns dos personaxes máis destacados do universo 'Land Rober' volven xuntarse este verán.
PALMIRA LARÁ: "VIVA A TRADICIÓN VIVA!"
Proposta que mestura viaxe, memoria e identidade cultural. Cun formato de 'road trip', o programa acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei, dous profesores de baile tradicional e divulgadores da nosa cultura, que levan anos percorrendo Galicia na recollida e recompilación das cancións, bailes e historias, transmitidas de xeración en xeración. Na busca da tradición viva, 'Palmira Lará' coñece hoxe a Maruja de Cregha en Santo Adrán de Cobres. Os condutores do programa levarán tamén o músico Alfredo Dourado a escoitar como eran os seráns por boca das mulleres de San Vicente de Oitavén.
DALLAS: O FIN DO CAMIÑO 1ª PARTE
X. R. namórase de Afton, a irmá de Mitch, e intenta gañar vantaxe cando Bobby pecha un acordo en nome de Ewing Oil.
DALLAS: O FIN DO CAMIÑO 2ª PARTE
Mentres X. R. coquetea con Afton na voda, Sue Ellen vese a si mesma buscando o seu antigo mozo.
CAMIÑO DE OREGÓN
Corre o ano 1843, un senador norteamericano organiza unha longa caravana de colonos con destino ás terras vírxes de Oregón. A travesía, por camiños e territorios nunca antes explorados, non será doada.
ERA VISTO!: Operación bikini / O efecto Mercedes / A sauna
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!: Terremoto / A charanga de Lameiro / Volve Ramona Comanaci
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!: Spórting Lameiro / A peor inimiga da miña amiga / Kevin xornalista
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!: ERA VISTO! VI 64
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!: Kevin campaneiro / Un noivo para mamá / Unha visión espeluznante
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ERA VISTO!: Capuletos VS Montescos / O avestruz /O bebé
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.