div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 448

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe do herpes zóster e da fuga de talentos nas orquestras galegos.

09:05 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1192

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 04.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1744

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:45 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 90

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

11:35 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 7

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

13:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 04.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.07.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

CAMIÑO AO PODIO: Helena e Pablo

Helena practica unha disciplina altamente esixente: a natación artística. Este deporte leva poucos anos no CGTD e ela converteuse nunha das máis destacadas do equipo. Helena é tamén unha estudante brillante e grande afeccionada á música, en especial á tradicional. Toca a pandeireta e canta nun grupo da súa cidade, Lugo. Pablo destaca en modalidades ximnásticas tan esixentes coma o trampolín e os exercicios en chan. É un dos bolseiros máis animados do Centro, malia sufrir con frecuencia lesións nas articulacións. 'Camiño ao podio' amosa hoxe os adestramentos dunha nadadora artística e dun ximnasta que destaca no trampolín e nos exercicios de chan.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.07.2026

15:50 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 16

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. A voda de Isabel Blanco, unha conversa coa música Cristina Pato, un debate xeracional sobre o traballo e a música de Hydn, ingredientes principais hoxe no 'Tarde piaches'.

19:55 h

CASA DE COR: Ana Lojo

Neste capítulo, os expertos acoden ao rescate de Ana, unha apaixonada dos libros que compaxina o seu traballo como mestra de inglés coa súa faceta de escritora. Esta nai de dous adolescentes precisa transformar o cuarto no que estuda, escribe e garda a súa enorme colección de libros nun espazo máis funcional, acolledor e inspirador. O equipo traballará arreo para crear aquí a biblioteca soñada de Ana. Os expertos de 'Casa de cor' traballarán hoxe arreo para crear a biblioteca soñada para unha mestra e escritora.

20:50 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 04.07.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.07.2026

22:00 h

MALAS PÉCORAS: 11-LUIS IGLESIA E NOMEÍ CASQUET

O actor galego Luís Iglesia e a escritora e divulgadora sexual Noemí Casquet responden as preguntas de María Mera e de Eva Iglesias e intentan subirlle as pulsacións a unha voluntaria do público nun xogo moi picante. Roi Méndez investiga que celebridade galega usa os servizos dun stripper e Lucía Álvarez, psicóloga especialista en sexoloxía, fala sobre as relacións non monógamas.

22:00 h

MALAS PÉCORAS: Luis Iglesia e Noemí Casquet

O actor galego Luís Iglesia e a escritora e divulgadora sexual Noemí Casquet responden as preguntas de María Mera e de Eva Iglesias e intentan subirlle as pulsacións a unha voluntaria do público nun xogo moi picante. Roi Méndez investiga que celebridade galega usa os servizos dun stripper e Lucía Álvarez, psicóloga especialista en sexoloxía, fala sobre as relacións non monógamas. Sedución, responsabilidade afectiva e poliamor, coa xornalista Noemí Casquet e co actor Luís Iglesia, hoxe en 'Malas pécoras'. O programa explora as claves da atracción e os segredos do desexo coa sexóloga Lucía Álvarez, ao tempo que Roi Méndez volve intervir como Detective Sexual.

23:05 h

COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 7

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público.  O espazo busca hoxe as claves do bo descanso. Analizará a importancia do sono para a felicidade, coa participación do doutor Eduard Estivill, Marcial Mouzo e numerosos testemuños reais.

00:45 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 4

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.

02:55 h

A TODO RISCO

Abel Davos, un coñecido criminal italiano, foxe a Francia coa súa familia eludindo así unha orde de arresto e a condena a morte. Acompáñao o seu fiel amigo Raymond Naldi, outro coñecido criminal perseguido pola xustiza. Na fronteira prodúcese un dramático tiroteo.

03:30 h

ERA VISTO: O muro / Kevin rampante / O día dos namorados

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

04:00 h

ERA VISTO: O home do tempo / Elvira comunista / Loita de poder

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Nunha nova entrega de ‘Era Visto!’, Moncho métese a home do tempo, Elvira abraza a ideoloxía comunista e a don Anselmo dispútanlle a presidencia dos empresarios de Lameiro.

04:30 h

ERA VISTO: O perigo amarelo / O pixama / Parque temático

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. A moda do pixama e a iniciativa de montar un parque temático en Lameiro centran as historias do ‘Era Visto!’ deste mércores.

04:40 h

ERA VISTO: O hórreo / O mellor programa do mundo / A troita

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. O hórreo de don Anselmo e o negocio de Moncho limpando o faiado da casa, protagonistas nos sketchs de ‘Era Visto!’.

05:05 h

ERA VISTO: Choupa Leaks / O fonema humano de Kevin / A rotonda

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Na entrega de ‘Era Visto!’, Moncho descobre o destino das grandes fortunas de Lameiro.

05:35 h

ERA VISTO: Queridos Reis Magos / O mellor Nadal do mundo / Poña un pobre na súa mesa

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

06:05 h

ERA VISTO: A Noite de Kevin José (A voda de Kevin I -II- III)

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. A personaxe máis inocente, tenra, inxenua e descerebrada da serie “Era Visto!” será protagonista hoxe na TVG. Ao fillo de Moncho pasoulle de todo, pero os espectadores asistirán nesta ocasión a un momento histórico: Lameiro vístese de gala para celebrar a súa voda.

div-crtvg-top2

Publicidade