TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 443
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O termómetro' pregúntase hoxe como é vivir nunha pensión, fala do herpes zoster e achega o caso de dúas persoas pilladas copiando con tecnoloxía no exame teórico de conducir.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1191
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 27.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1737
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 88
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 5
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.
A PE DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 27.06.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.06.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 217
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.06.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 14
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. O espazo interésase hoxe polos retos que afectan á nova xeración do agro galego.
CASA DE COR: Sandra
Neste capítulo Edu e Ana acoden ao auxilio de Sandra, nai dunha adolescente cun cuarto a medio pintar e ateigado de obxectos infantís. Os expertos traballarán en conxunto para ofrecerlle a esta moza o dormitorio dos seus soños, no que o cabeceiro da cama será o gran protagonista. O cuarto dunha adolescente, pintado a anacos e ateigado de cousas, é hoxe o reto de ‘Casa de cor’.
A PE DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 27.06.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 27.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 27.06.2026
MALAS PÉCORAS: 10- KIKO NOVOA, MARIA VALERO E DANTE CARO
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.
MALAS PÉCORAS: Kiko Novoa, María Valero e Dante Caro
A estrela da Radio Galega Kiko Novoa e os influentes Dante Caro e María Valero, parella do futbolista Borja Iglesias, enfróntanse ás preguntas máis incisivas, Roi Méndez investiga que famoso da TVG deixou un preservativo nas inmediacións do plató e a antropóloga Cris Valdés fala dos distintos modelos de relacións sexuais en diversas partes do mundo. O presentador da Radio Galega Kiko Novoa e os influencers Dante Caro e María Valero, convidados no 'Malas pécoras' de hoxe. Confesións, apps de citas, costumes sexuais arredor do mundo, investigacións imposibles e moitas risas nesta nova entrega do programa.
COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 6
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. O espazo ‘Como ser feliz’ analiza hoxe se a felicidade se pode comer, coa actriz Benedicta Sánchez, a nutricionista Beatriz Robles e testemuños de gran impacto emocional.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 3
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
UMBERTO D.
A Umberto Doménico Ferrarinon chégalle coa súa pensión de xubilado para pagar, cada mes, os seus escasos pero necesarios gastos. Cando a súa patroa o bota da habitación que ten alugada, o ancián decide botarse el mesmo nas vías do tren, na compaña do seu cadelo.
ERA VISTO!
Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

ERA VISTO!: ERA VISTO! VIII 118
Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.
ERA VISTO!: O espantallo / Río Regato Sport / Celta-Depor
'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna.