TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 15.06.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 15.06.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 10
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 435
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará cun arquitecto das novas tendencias de construción en vivenda e vivirá en directo o ambiente previo de De Cabo a Cabo, o festival que une Cabo Verde e Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.06.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 15.06.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 15.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.06.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 11
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1034
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 821
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Aarón, de Ribeira; Ángela, de Meaño; Bea, de Marín; David, de Monforte de Lemos, e Lalo, de Verín. O bote comeza o programa nos 34.800 euros.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 11
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 15.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 15.06.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 117
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O espazo de humor sorprenderá hoxe cunha entrevista que fará historia, cun divertido sketch sobre a visita do pontífice e coa diversión de ‘O prezo xusto’.
PALMIRA LARÁ: "UNHA AVENTURA NA RAIA"
Proposta que mestura viaxe, memoria e identidade cultural. Cun formato de 'road trip', o programa acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei, dous profesores de baile tradicional e divulgadores da nosa cultura, que levan anos percorrendo Galicia na recollida e recompilación das cancións, bailes e historias, transmitidas de xeración en xeración. A cantante Silvia Superstar será hoxe a compañeira de aventuras dos protagonistas de 'Palmira Lará'. Miguel Lesta e Leticia Rei asistirán en Vigo a un ensaio da orquestra folk máis grande de Europa.
WICHITA
O shériff Wyatt Earp deberá poñer en orde a pequena cidade de Wichita, dominada pola violencia e o caos. A súa primeira medida, desarmar a todos os habitantes da cidade, lonxe de calmar os ánimos, tan só consegue aumentar a súa nómina particular de inimigos irreconciliables.
ZIGZAG: ZIGZAG 3434
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O libro ‘A identidade’, de Manuel Darriba, será protagonista nun ‘Zigzag’ que tamén visitará a exposición ‘En busca de la felicidad’, de David Planas.
NO FOCO: NO FOCO 215
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
PADRE CASARES: Amador, o apóstata
Amador, o pai de Maite, a guapa da vila, morre dun infarto xogando a partida no bar de Lidia e Sindo. Da tristeza dos veciños de Louredo pasarán á sorpresa: Amador, suposto ateo convencido, deixa escrito que quere unha misa pola súa alma.
PADRE CASARES: Josito ten praza
Delmiro merca un barco cos cartos do concello para atraer o turismo á vila. Josito é o único que, teoricamente, ten carné para patronar un barco, así que Delmiro logra convencelo coa condición de que así terá unha praza no Concello.
PADRE CASARES: Elsa in love
Elsa, a beata, devece definitivamente por Sindo, o home de Lidia, e a paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día chegando incluso a acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro.
PADRE CASARES: Delmiro contra todos
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a parede.
PADRE CASARES: Cuestión de fe
As vidas dalgúns veciños atravesan importantes convulsións, así como a do propio Horacio Casares, que comeza a sentir algo que o leva incluso a dubidar sobre algúns principios que rexen a súa vida, e o motivo ten nome de muller: a mestra da escola.