div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 433

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Coa vista posta na chegada de León XIV a Canarias, ‘O termómetro' falará tamén da suba dos tipos de interese e dos efectos do aire acondicionado na saúde.

08:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1189

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 13.06.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1774

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:45 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3433

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O dramaturgo e director de escena Alfonso Becerra conversa no ‘Zigzag’ sobre a súa obra de teatro ‘Do reino (e) dos amores proscritos’, que mañá chega a Lugo.

11:05 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 84

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

11:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 2

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

12:10 h

COMISIÓN DE FESTAS: Santo Hadrián de Cobres

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O novo programa da Galega arranca hoxe amosando o traballo que realiza a comisión de festas de Santo Hadrián de Cobres.

12:40 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 8

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.06.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 215

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

15:45 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 10

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.

18:15 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN R.F.E.F. PLAY OFF FINAL IDA PONFERRADINA - CELTA FORTUNA

18:15 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: Playoff. Final (Ida): Ponferradina-Celta Fortuna

A TVG retransmite este sábado o partido de ida da final de ascenso entre a Ponferradina e o Celta Fortuna.

20:15 h

CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA REEDITADO 4

A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O programa acompaña hoxe a Policía Local de Lugo e Vilagarcía nos seus servizos diarios.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 13.06.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 13.06.2026

21:55 h

COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 4

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. 

23:20 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 2

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.

00:10 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 2

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.

01:00 h

A MAGNIFICENCIA DOS AMBERSON

A finais do século XIX, a mansión Amberson é a máis fastuosa de Indianápolis. Cando a súa dona, a bela Isabel, é humillada publicamente, aínda que de xeito involuntario polo seu pretendente Eugene Morgan, abandónao e casa co torpe Wilbur Minafer. O seu único fillo, o consentido George, crece cheo de prepotencia. Anos máis tarde Eugene regresa á cidade coa súa filla Lucy, e George namora dela.

02:25 h

PADRE CASARES: Un toque de cor

As obras continúan na igrexa, pero iso non significa o final dos problemas de Horacio. Miñato, aproveitando unha obra no concello (e por aforrarse os cartos que Horacio lle dera para pintura), daralle un toque de cor diferente á igrexa.

03:25 h

PADRE CASARES: O segredo está nas formas

Horacio ten que enfrontarse a un desafío nunca visto despois de que Elsa case morrera afogada tras comulgar. Pode ser o grosor das formas unha ameaza para os fieis?

04:25 h

PADRE CASARES: Santo Antonio Peregrino

É tradición na vila de Louredo, como en moitas outras vilas pequenas de Galicia, custodiar as imaxes dos santos nas casas dos veciños. Pero ás veces a devoción vólvese ambición.

05:20 h

PADRE CASARES: A voda do ano

O fillo de Delmiro e mais a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa. Todo sería moi doado se non fose pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que o seu fillo faga unha voda relixiosa.

div-crtvg-top2

Publicidade