div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 91

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 148

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e pelota pequena centrada na mobilidade. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan de que foron a un “karaoke”.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 434

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' estará pendente hoxe da despedida de España do papa León XIV, das notas da PAU e da calor en Galicia, con invasión de moscas en Tomiño, incluída

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:15 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DESPEDIDA E FIN DA VISITA DO PAPA LEON XIV A ESPAÑA

15:15 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Despedida e fin da visita do papa León XIV a España

Con motivo do fin da visita do papa León XIV a España, a TVG ofrece un especial informativo con motivo da cerimonia de despedida e o regreso de León XIV a Roma.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.06.2026

16:00 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

16:05 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 10

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

17:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1033

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:25 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 820

Quinto e último día no que participa a tripulación formada por Nachortas, de Catoira; Belén, da Coruña; Cristian, de Sanxenxo; Carmela, de Abegondo, e Carmen, da Coruña. O bote alcanzou xa a cifra de 34.700 euros. Para levalo, o concursante que chegue ao 'Minuto final' ten que acertar as cinco preguntas que lle formule Rodrigo Vázquez.

19:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 819

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 9

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 10

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.06.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1488

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Serafín Zubiri, o mago Nacho Samena e Carmela de Sofán protagonizan esta edición de 'Luar' dedicada aos bos modais. Galicia 76, Luci Alvar, a Escola Brincadeira, a Orquestra La Ocaband e as Pandereteiras Nunca é Tarde completan a proposta musical este venres, que amais contará cunha nova edición de ‘Recantos’ e co humor de María Foscaldo e Todo Mal.

00:30 h

CLUB DOS POETAS MORTOS

En 1959, os alumnos dun estrito colexio privado de Nova Inglaterra vén como os férreos cimentos da educación tradicional á que se ven sometidos tremen coa chegada dun inconformista profesor de literatura que lles ensina a ver a vida desde un punto de vista novo.

02:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3432

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O 'ZigZag' recibe hoxe a visita do rapeiro galego Xmaseda65.

03:00 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 07.06.2026

Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade

03:00 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 07.06.2026

Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade

03:35 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 103

Serie. Hoxe os espectadores asistirán a unha voda e un funeral. Suevia consegue evidencias de que Leonor estivo envolta na morte do chantaxista e manipula a súa viúva para que a asasine.

04:40 h

PADRE CASARES: O milagre de Santo Antonio de Louredo

Hai poucos meses que Horacio Casares rematara os seus estudios de Teoloxía e se ordeara sacerdote. O soño de Horacio era ir a Ruanda e cando está a piques de cumprilo recibe unha chamada urxente do seu bispo. Precísao para cubrir unha vacante.

06:00 h

PADRE CASARES: Onde dous ou tres se reúnen no meu nome

O primeiro que descobre Horacio ao chegar a Louredo é que a Igrexa necesita un amaño urxente. Quen o vai a pagar? O Bispado? A parroquia? E, ademais, se hai que pechar a igrexa, onde se van celebrar as misas?

div-crtvg-top2

Publicidade