div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 90

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 147

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e goma centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e reflexionan sobre se a dor é necesaria durante o adestramento e sobre a súa fama.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 433

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Coa vista posta na chegada de León XIV a Canarias, ‘O termómetro' falará tamén da suba dos tipos de interese e dos efectos do aire acondicionado na saúde.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.06.2026

15:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 9

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1032

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 819

Cristian, de Sanxenxo; Carmen, da Coruña; Nachortas, de Catoira; Belén, da Coruña, e Carmela, de Abegondo, son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para poder loitar polo bote, que está xa nos 34.500 euros. Cristian, de Sanxenxo; Carmen, da Coruña; Nachortas, de Catoira; Belén, da Coruña, e Carmela, de Abegondo, son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para poder loitar polo bote, que está xa nos 34.500 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 9

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.06.2026

21:40 h

O DOMINGO POR ROBER ABANDÓNASME: POR ROBER ABANDÓNASME 5

‘O domingo por Rober...abandónasme' aposta polo mellor humor de 'Land Rober + Show'. Roberto Vilar lidera esta proposta de entretemento que reúne colaboradores, sketchs e o espírito do ‘Land Rober’ no ‘prime time’ da TVG.

22:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 116

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa recupera hoxe a sección ‘A túa cara fáiseme coñecida’, coa presenza dun participante moi especial.

23:45 h

LEON XIV. EL HOMBRE DETRÁS DEL PAPA

Documental que ofrece un retrato íntimo e humano do pontífice. Desde a súa infancia en Chicago e o seu labor misioneiro no Perú ata o conclave que en que saíu elixido, este ambicioso traballo xornalístico viaxa ás súas orixes para descubrir a historia persoal do home que hoxe dirixe a Igrexa Católica.

01:20 h

MADELEINE COLLINS

Judith leva unha dobre vida entre Suíza e Francia. Por un lado, Abdel, con quen está a criar a súa filla en común. Polo outro, Melvil, con quen ten dous fillos un pouco maiores. Pouco a pouco, este fráxil equilibrio feito de mentiras, segredos e idas e vidas vaise facturando. Ante o desenmascaramento, Judith elixe a fuxida cara adiante.

03:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3431

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo falará hoxe cos organizadores do Festival Entreverbas sobre este evento de poesía, música, teatro e fotografía que se celebra anualmente en Salvaterra de Miño.

03:25 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Hoxe Claudia é retida contra a súa vontade. A vella historia de amor, sempre latente, de Emilio e Sara, chega a un punto culminante.

04:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 101

Serie. Hoxe, o amor remexe todas as tramas da ficción. Máis namorado ca nunca, Daniel entrará na casa do Panameño para salvar a Claudia.

05:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 102

Serie. O penúltimo capítulo da temporada de “Pazo de Familia” quedará gravado na memoria dos seus seguidores. A vida de Daniel corre grave perigo e Claudia non se separa un intre do seu namorado, agora que por fin sabe que quere pasar o resto dos seus días con el.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.06.2026

div-crtvg-top2

Publicidade