div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 10.06.2026

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 146

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con pelota de pilates e halteres centrada na forza. Anxo, Noemí, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 432

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará do coidado dos pés de cara ao verán e recibirá a visita dos organizadores do Atlantic Fest.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.06.2026

15:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 8

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

17:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1031

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:30 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:40 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Santa Misa do papa León XIV en Barcelona

Especial informativo esta tarde nos medios públicos para dar cobertura aos actos do papa León XIV en Barcelona: a santa misa na Basílica da Sagrada Familia e a inauguración da torre de Xesucristo. Narración a cargo de Alberto Varela, coa colaboración do xornalista Juan Vicente Boo e do párroco de Santa Eulalia de Liáns, José Carlos Alonso.

22:00 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.06.2026

22:15 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 115

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un especialista en vida sa e un coñecido músico, protagonistas esta noite en ‘Land Rober + Show’, que tamén gozará dunha nova edición do ‘Prezo Xusto’.

23:00 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: ARZÚA. KOKE E PAULA, ADRIÁN E ZION

Paula coñece a Koke, un rapaz que leva solteiro toda a vida e que busca unha moza con aspiracións. Por outra banda, Zion atópase con Adrián en busca dunha persoa con quen compartir a vida.

23:15 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Arzúa: Koke e Paula, Adrián e Zion

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Paula, traballadora dunha multinacional de Santiago, coñecerá a Koke, influencer de Oleiros. Ela leva catro anos solteira e el, toda a vida. A continuación, entre raves, animais, relacións abertas e medo ao control, a cita de Adrián e Zion porá sobre a mesa ata onde pode chegar unha conexión cando dous solteiros teñen claro que queren vivir o amor á súa maneira.

23:30 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTA EN GALICIA III 38

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

00:00 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Arzúa: Sergio e Ainara, Josi e Simone

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Serxio regresa ao programa convertido xa nun pequeno fenómeno viral, disposto a demostrar que desta vez chega máis descansado e preparado para atopar unha muller faladora, legal e madura. Intentarao con Ainara, asturiana afincada en Santiago. Pola súa parte, Josi e Simone regresan a 'O amor está en Galicia' dispostos a vivir unha nova oportunidade.

00:35 h

PAIS E NAIS

Segue a historia de Piv e Ulrik, unha parella que esta tratando de converterse en parte do grupo de pais da clase da nova escola da súa filla, facendo todo o posible para ser admitidos.

01:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3430

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

02:15 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 96

Serie. A morte de Andrade non consegue afastar a Mónica da batalla contra o Panameño. Ao contrario, a xuíza de 'Pazo de Familia' fai hoxe un xuramento diante de Nino de que acabará cos asasinos do seu home. Non pode saber que aquel que considera o seu amigo é en realidade un dos responsables.

03:20 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 97

Serie. Pese ás sinceras peticións de Emilio de que quede, Sara está cada vez máis convencida que o seu sitio non está no 'Pazo de Familia'. Para a cociñeira, non se trata só dos celos de Eva, tampouco é quen de agochar que Leonor finxe estar eivada para reter o seu fillo. Outra que decide marchar é Claudia. No seu caso, o destino é unha perigosa cita co Panameño, que pode rematar en traxedia se Daniel non é quen de evitalo. E traxedia é tamén á que asisten Tomaso e Marisiña, que terán que ocultar o cadáver dun policía. Oculto estivo tamén, ata agora, o testamento orixinal do pai de Leonor. Será o seu neto Emilio quen se achegue á verdade neste episodio, mentres ten que lidar coas traizóns de Suevia na adega.

04:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 98

Serie. Unha cata de viños vai sacar á luz moitos segredos. A enfermidade de Cosme cada vez é máis obvia e Emilio aconséllalle a Sara que fale co seu sogro.

05:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 99

Serie. Carlos e o Panameño fanse co control. Pola súa parte, Emilio descobre que súa nai finxía a parálise para retelo no pazo.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Hoxe Claudia é retida contra a súa vontade. A vella historia de amor, sempre latente, de Emilio e Sara, chega a un punto culminante.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.06.2026

div-crtvg-top2

Publicidade