div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

10:15 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Visita do Papa León XIV a España

En directo, cobertura especial arredor da actividade institucional do Pontífice en Madrid, especialmente o encontro cos membros do Parlamento español no Congreso dos Deputados. Marta Darriba presenta un especial informativo con conexións co Congreso e outros puntos vinculados á visita. A retransmisión conta cos comentarios do xornalista Xosé Vázquez Gago e da profesora de Economía Aplicada María Cadaval.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 430

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A visita do papa León XIV a España e as zonas prohibidas para o baño en Galicia, entre os temas que abordará hoxe 'O termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.06.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 6

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1029

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 816

Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes, que está formada por Belén, da Coruña; Carmela, de Abegondo; Carmen, da Coruña; Cristian, de Sanxenxo, e Nachortas, de Catoira. O bote inicia o programa de hoxe nos 33.900 euros. Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' con nova tripulación de concursantes, formada por Belén, da Coruña; Carmela, de Abegondo; Carmen, da Coruña; Cristian, de Sanxenxo, e Nachortas, de Catoira. O bote inicia o programa de hoxe nos 33.900 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 6

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.06.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 113

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. ‘Land Rober + Show’ recibe hoxe a visita no estudio dunha referente europea en investigación.

22:45 h

PALMIRA LARÁ: A memoria do APOI

Proposta que mestura viaxe, memoria e identidade cultural. Cun formato de 'road trip', o programa acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei, dous profesores de baile tradicional e divulgadores da nosa cultura, que levan anos percorrendo Galicia na recollida e recompilación das cancións, bailes e historias, transmitidas de xeración en xeración. 'Palmira Lará' vai hoxe ao APOI na procura dos arquivos de Dorothé Schubarth e estará co gaiteiro Martiño dos Garceira. Outra das protagonistas do programa desta semana será a cantante Fátima Pego, que aprendeu a tocar a pandeireta coa súa avoa, Josefa de Bastavales.

23:40 h

CHISUM

Ao remate da guerra civil americana, comezan a xurdir novas fortunas, acadadas por homes duros e emprendedores. No estado de Texas, partindo practicamente de cero, John Chisum consegue por en marcha un gran negocio de gando. Alí, John é coñecido polo alcume de ‘O rei do Pecos’, xa que monopoliza as augas do río do mesmo nome, que distribúe con acerto entre os granxeiros da comunidade.

01:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3428

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo recibe hoxe a Miguel Blanco, director do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, que conta coa participación da CSAG como media partner.

02:20 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Os espectadores saberán se é Carlos ou Emilio quen consegue facerse coa presidencia da asociación de empresarios, tras unha xornada electoral que volve poñer de manifesto a profunda inimizade entre os dous.

03:25 h

PAZO DE FAMILIA

Ante o medo de perder o seu traballo e afogada polas débedas, Sara pensa en delatar unha persoa moi importante para ela. Por outra parte, para Emilio o importante é agora a súa relación con Eva, pero o feito de que estea casada, alén dun segredo que descoñece, fará que a verdade acabe por estoupar e salpique varias personaxes.

04:35 h

PAZO DE FAMILIA

Este capítulo cambiará a vida de todos os personaxes. A de Mario, porque, nunca mellor dito, cárganlle 'o morto' do Panameño. A de Sara, pola visita de Cosme ao pazo. A de Claudia, que agarda a chegada ao altar do seu mozo. A de Leonor, que ve como todo o seu imperio de decadencia, dunha vez por todas, se vén abaixo.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA

Serie.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 08.06.2026

div-crtvg-top2

Publicidade