TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 428
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outros temas, 'O Termómetro' falará hoxe da Formación Profesional, unha alternativa á universidade que cada vez ten máis demanda, e da evolución nos deseños das cociñas.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1188
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 06.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
ESPECIAL INFORMATIVO: Chegada do Papa León XIV a España
Ampla cobertura con motivo da visita do Papa León XIV a España. Especial informativo presentado por Marta Darriba, que incluirá a chegada ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, a acollida oficial, a cerimonia de benvida no Palacio Real, a visita de cortesía ás súas Maxestades os Reis, o encontro coas autoridades, a sociedade civil e o corpo diplomático, así como o discurso do Papa.
ESPECIAL INFORMATIVO: CHEGADA DO PAPA LEON XIV A ESPAÑA
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.06.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 214
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.06.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 8
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Psicólogos e expertos explicarán como convivir cos medos nun ‘Tarde Piaches’ que ofrecerá unha persoal e emocionante entrevista ao pianista James Rhodes.
EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 1
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.
CASA DE COR: NOEMÍ E LORETO
Formato de decoración e organización encabezado por Dani Polo, que percorrerá Galicia para transformar as estancias máis desordenadas, anticuadas ou desaproveitadas dos fogares galegos. En cada programa, dous expertos terán só dous días e un orzamento pechado para conseguir cambios sorprendentes e mellorar a vida dos seus protagonistas. No primeiro programa, ‘Casa de cor’ coñecerá dúas historias moi diferentes cun mesmo obxectivo: gañar funcionalidade, orde e personalidade nos seus fogares.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.06.2026
COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 3
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. ‘Como ser feliz' explora hoxe a relación entre Deus, a ciencia e a procura da felicidade. O bispo de Mondoñedo-Ferrol, o físico Jorge Mira e representantes de distintas crenzas e sensibilidades abordan unha das grandes cuestións da humanidade.
COMO SER FELIZ: EXISTE DEUS?
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. ‘Como ser feliz' explora hoxe a relación entre Deus, a ciencia e a procura da felicidade. O bispo de Mondoñedo-Ferrol, o físico Jorge Mira e representantes de distintas crenzas e sensibilidades abordan unha das grandes cuestións da humanidade.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 1
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
A CASA NA SOMBRA
Jim Wilson é un policía violento, amargado pola contemplación diaria do mundo do crime. O seu carácter retraído e os seus métodos expeditivos para pillar sospeitosos créanlle constantes conflitos con colegas e superiores. Finalmente, para afastalo da cidade durante algún tempo, encárganlle o caso dun asasinato nunha afastada rexión montañosa. Unha vez alí, a súa personalidade dará un xiro inesperado debido, por unha parte, á relación co pai da vítima, que é un home cheo de vinganza, e, pola outra, con Mary Malden, a irmá do asasino, unha moza sensible, capaz de comprender o temperamento e a soidade de Wilson.
NO FOCO: NO FOCO 214
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Emilio coñecerá a verdadeira historia de seu pai, e mudará para sempre o seu punto de vista sobre a familia Pardo Veiga.
PAZO DE FAMILIA
Serie. A relación entre Emilio e César dá un xiro neste capítulo de 'Pazo de Familia' grazas á intervención de Olalla. Convencido por ela, Emilio acepta promover unha marca de viño de seu fillo e o éxito do negocio, tras uns fracasos iniciais, acábaos unindo, chegando mesmo a reconciliarse e a facer plans de futuro xuntos.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Tras a forte discusión con Claudia, Rita vese forzada a marchar da casa familiar e non dubida en volver ao piso de Daniel, pero este non está disposto a perdoarlle ao terlle dado unha oportunidade a Nino logo de rematar a relación entre eles.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Mentres Emilio se enfronta a un traficante panameño para salvar o seu pai, Sara ten serias sospeitas de que Amancio volve enganala con outra muller.