div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 89

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 144

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e halteres. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan da importancia do exercicio e da súa etapa na escola.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 429

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.06.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 5

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1028

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 815

Chegamos ao último programa desta semana no 'Atrápame se podes' e os nosos concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 33 700 euros pelexan hoxe Toni de Sanxenxo, Aarón de Vilanova de Arousa, Ro da Coruña, Carmen da Coruña e Pablo de Negreira.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 5

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.06.2026

21:45 h

LUAR: LUAR 1487

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.

01:40 h

O FANTASMA DO OPEN

A verdadeira historia de Maurice Flitcroft, un pai de familia e operador de grúa nunha pequena vila inglesa, que ve perigar o seu posto de traballo debido á inestabilidade económica do país. Tras ver un partido de golf televisado, Maurice namórase do xogo e decide participar no torneo máis importante do mundo, o Open Británico. Un plan mestre que ten un único problema: Maurice nunca xogou ao golf na súa vida.

03:25 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. A batalla polo pazo entre Emilio e Carlos terá un desenlace no presente capítulo. No pulso que veñen mantendo nos últimos episodios só pode haber un vencedor, e ese será quen consiga quedar coa casa familiar dos Pardo-Veiga.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Emilio coñecerá agora a verdadeira historia de seu pai, e mudará para sempre o seu punto de vista sobre a familia Pardo Veiga.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. As portas da casa familiar péchanse neste episodio de 'Pazo de Familia' para Emilio, quen perdeu a súa batalla contra Carlos. Desterrado do pazo, o primoxénito dos Pardo Veiga prepara unha nova ofensiva desde o piso de Daniel.

05:50 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. A relación entre Emilio e César dá un xiro neste capítulo de 'Pazo de Familia' grazas á intervención de Olalla. Convencido por ela, Emilio acepta promover unha marca de viño de seu fillo e o éxito do negocio, tras uns fracasos iniciais, acábaos unindo, chegando mesmo a reconciliarse e a facer plans de futuro xuntos.

05:50 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Carlos pídelle de novo matrimonio a Leonor. Antes de que poidan anunciar o seu compromiso, Claudia e Mario proclaman que van casar. O pazo volve vestir as súas mellores galas para os preparativos da que será a voda da década.

div-crtvg-top2

Publicidade