TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.06.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.06.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 88
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 143
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e pelota pequena. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan da súa visita ao cine para ver ‘A vida de Brian’ e dos seus actores favoritos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 428
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.06.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.06.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.06.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 4
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1027
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 814
Ro da Coruña, Pablo de Negreira, Toni de Sanxenxo, Aarón de Vilanova de Arousa e Carmen da Coruña teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao "Minuto final" e contestar a cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 33 500 euros.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 4
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 04.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.06.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 112
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.
MALAS PÉCORAS II: 9- XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E DAVID PERDOMO
Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo responden as preguntas que ninguén se atreveu a facerlles antes. Encarnando os seus personaxes máis famosos, acoden a unha cita romántica cunha voluntaria. Roi Méndez intenta descubrir que presentador da TVG é asiduo a un motel e a psicóloga Ana Castro Liz explica por que nos sentimos atraídos por unhas persoas e non por outras.
SOMOS ANIMAIS: "PEPOTE E MAX"
Neste programa Hugo e mais Irene van ata Guísamo para coñecer o poni Pepote. Este animal morde, escapa e tolea os seus donos, polo que a nosa experta vai ter un duro traballo. Mentres tanto, Jorge vai ata Burela para axudarlle a Max, un can con auténtico pánico ao mar e que non o ten fácil vivindo onde vive.
COLLIDOS NAS PATACAS
SOMOS ANIMAIS: "PEPOTE E MAX"
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.
DÉBEDA DE HONOR
Nebraska, 1855. Mary Bee Cuddy, unha muller solitaria que vive nunha remota vila do Medio Oeste, é elixida pola Igrexa para facer regresar ao mundo civilizado tres mulleres que perderon a razón. Para isto, conta con Briggs, un delincuente ao que salva da forca coa condición de que a axude a executar a súa misión. Xuntos emprenden unha longa e perigosa viaxe a través do deserto, desde Nebraska ata Iowa, en que terán que enfrontarse a toda clase de ameazas.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Mónica, que acaba de comezar a traballar de xuíza do penal, négase a admitir a posibilidade dun secuestro, pero, a medida que avanza a investigación, as probas parecen ir indicando que alguén a levou da emisora.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Todo rematará para ben ou para mal nun capítulo trepidante de 'Pazo de Familia'. E, no medio da tensión, rexorde unha esquecida historia de amor: a de Sara e Emilio. Parece que ela é a única que segue a confiar no Pardo Veiga.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Emilio vai perdendo apoios na súa familia fronte a Mario e Carlos, aos que a propia Leonor lles abriu as portas do pazo dos Pardo Veiga. Con todo, coa axuda de Daniel, descobre que Mario é fillo de Carlos ao atopar unha fotografía na emisora.
ZIGZAG: ZIGZAG 3425
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
PAZO DE FAMILIA
Serie. A batalla polo pazo entre Emilio e Carlos terá un desenlace no presente capítulo. No pulso que veñen mantendo nos últimos episodios só pode haber un vencedor, e ese será quen consiga quedar coa casa familiar dos Pardo-Veiga.
PAZO DE FAMILIA
Serie. Carlos pídelle de novo matrimonio a Leonor. Antes de que poidan anunciar o seu compromiso, Claudia e Mario proclaman que van casar. O pazo volve vestir as súas mellores galas para os preparativos da que será a voda da década.
PAZO DE FAMILIA
Serie. As portas da casa familiar péchanse neste episodio de 'Pazo de Familia' para Emilio, quen perdeu a súa batalla contra Carlos. Desterrado do pazo, o primoxénito dos Pardo Veiga prepara unha nova ofensiva desde o piso de Daniel.