div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 02.06.2026

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 141

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con esteira, halteres e 'step' centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 426

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' pescudará hoxe como lles foi aos estudantes galegos na primeira xornada das probas da PAU e explicará as axudas ás que se pode optar para poñer aire acondicionado na casa.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.06.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.06.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.06.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 2

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.

18:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1025

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 812

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Segundo día no concurso para a tripulación formada por Carmen, da Coruña; Toni, de Sanxenxo; Aarón, de Vilanova de Arousa; Pablo, de Negreira, e Ro, da Coruña. Aquel que supere todas as fases e chegue ao 'Minuto final' pode pelexar polo bote, que inicia o programa nos 33.000 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 2

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.06.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 110

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A relaxación e a soidade, ingredientes principais do ‘Land Rober + Show’ deste martes.

22:45 h

CASA DE COR: NOEMÍ E LORETO

Dúas casas, dúas historias e un mesmo desafío: máis orde, máis cor e espazos pensados para vivir mellor. Neste capítulo, os expertos coñecen a Noemí e á súa filla adolescente, Martina, que precisa transformar o seu dormitorio nun lugar máis acorde coa súa nova etapa. Ao mesmo tempo, visitarán a Loreto, cunha sala de estar completamente ateigada que pide a berros unha solución práctica e funcional. No primeiro programa, ‘Casa de cor’ coñecerá dúas historias moi diferentes cun mesmo obxectivo: gañar funcionalidade, orde e personalidade nos seus fogares.

23:40 h

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.

00:45 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 430

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

01:45 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3423

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A expresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, fará balance no 'ZigZag' dos seus oito anos á fronte da institución.

02:10 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 83

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

03:20 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 69

Claudia comeza a desconfiar de que a historia sobre que a súa nai a abandonou pode non ser certa. Para atopar respostas, cae nas redes de Carlos, ata un punto no que chega a perigar a súa vida. Emilio, pola súa parte, consegue localizar o refuxio do avogado e atopa máis probas da súa implicación no intento de asasinato de Sara. Cando descobre que tamén manipula a súa filla, pode que xa sexa tarde. Por outra parte, mentres no pazo se presenta un innovador prototipo e Nora lle quita a Tomaso o papel de chapuzas oficial, queda tempo para o rexurdimento do romance de Leonor e Cosme.

04:35 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 70

A Emilio non lle queda outro remedio que contarlle á súa filla a verdadeira historia sobre o abandono da nai.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 71

Claudia cre na versión que seu pai lle contou sobre o abandono da súa nai, pero cada vez hai máis evidencias de que lle mentiu. Carlos ten agora o control da situación e, mentres, Emilio entregase á bebida.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.06.2026

div-crtvg-top2

Publicidade