TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.06.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.06.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago de Compostela.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 87
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 140
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 425
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O roubo de aparellos de pesca, a precaución dos bañistas nos areais e o remate do prazo para rozar, algúns dos temas que ‘O termómetro' porá hoxe sobre a mesa.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.06.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.06.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.06.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 1
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1024
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 811
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Principia outra semana no 'Atrápame se podes' con cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 32.700 euros. Rodrigo Vázquez recibirá no estudio a Aarón, de Vilanova de Arousa; Carmen, da Coruña; Pablo, de Negreira; Ro, da Coruña, e Toni, de Sanxenxo.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 1
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.06.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 109
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. ‘Land Rober + Show’ recibe dous convidados estreitamente vinculados á música tradicional galega.
PALMIRA LARÁ: "UN MANEO NA COSTA"
Proposta que mestura viaxe, memoria e identidade cultural. Cun formato de 'road trip', o programa acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei, dous profesores de baile tradicional e divulgadores da nosa cultura, que levan anos percorrendo Galicia na recollida e recompilación das cancións, bailes e historias, transmitidas de xeración en xeración. Na súa estrea coñecerase a Teresa dos Cucos, o labor das Raigañas de Cerqueda e Ortiga intentará aprender a tocar a pandeireta.
RÍO SEN RETORNO
Un leñador recentemente saído cadea intenta emprender unha nova vida no seu rancho, do que deberá fuxir, na compaña do seu fillo e dunha cantante de salón, polo acoso dos indios. Só poderán poñerse a salvo se conseguen superar a perigosa corrente dun río próximo.
ZIGZAG: ZIGZAG 3422
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Ana Domínguez e Ángel Rueda, codirectores da (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, visitan este luns o estudio do 'ZigZag'.
NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 31.05.2026
Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 65
Emilio continúa na vila mariñeira, onde descobre algo que descoñecía sobre Olalla. Mentres, no pazo, Sara comeza a lembrar os momentos de amor con Emilio. Deste xeito, a relación co herdeiro dos Pardo Veiga rexorde por fin, aínda que polo momento sexa no seu recordo.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 66
Un acordo co executivo dunha farmacéutica que quere celebrar un evento revoluciona non só o pazo, senón tamén o corazón de Mónica, que ao coñecer ese home deixa de ter claros os seus sentimentos cara a Nino. Mentres, Marisiña pide cita para someterse a inseminación artificial e Ángela intenta afacerse ao divorcio de seus pais.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 67
Claudia oculta que ten que escribir unha biografía sobre Carlos, o principal inimigo da familia. Pero máis que a obriga contractual coa editorial do libro, móvea a curiosidade polo segredo que Carlos coñece sobre os Pardo Veiga. Mentres Emilio recibe unhas misteriosas chamadas do persoal dun cemiterio, comeza a asumir que Sara nunca lembrará a relación que ambos os dous mantiveron.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 68
Ángel decide celebrar as exequias de seu pai. Cada vez resúltalle máis difícil ocultarlle á súa nai que a rapaza que o acompaña non é amiga súa, senón a amante secreta do seu marido.