TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 423
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A reapertura do aeroporto de Lavacolla e a operación contra o furtivismo do polbo, entre os temas que se tratarán hoxe en 'O Termómetro'.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1187
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 30.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1772
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3421
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O cultural ‘Zigzag’ conversa hoxe co autor lucense Lois Pérez sobre a súa nova novela, 'Hoxe toca Leiva?'.
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 13
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega da serie documental.
ESPECIAL INFORMATIVO: Desfile das Forzas Armadas 2026 (2ª xornada)
Os medios públicos galegos continúan ofrecendo hoxe unha programación especial con motivo dos actos do Día das Forzas Armadas 2026, que se celebran en Vigo coa presenza de destacadas autoridades civís e militares. A cobertura incluirá directos informativos e seguimento desde distintos puntos da cidade. A narración na TVG correrá a cargo do xornalista Jesús Fontenla, acompañado polo comentarista Alberto Vázquez.
ESPECIAL INFORMATIVO: DESFILE DAS FORZAS ARMADAS 2026 (2ª XORNADA-SÁBADO 30 DE MAIO)
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 15
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 213
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 7
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Historias de superación, viaxes no tempo e sabor a Galicia, hoxe, en 'Tarde Piaches'.
O DÍA DA ROMARÍA: Romaría da Franqueira
Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. A primeira entrega do programa mergullarase na Romaría da Franqueira, unha das celebracións máis emocionantes de Galicia, seguindo os preparativos, os camiños, as ofrendas e a chegada das imaxes ao santuario.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.05.2026
COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 2
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. ‘Como ser feliz' reflexiona hoxe sobre os cartos e a felicidade. O programa, que presentan Loli Gómez, Rafa Durán e Manuel Viso, analizará se o diñeiro condiciona a nosa vida, entre humor, emoción e debate social.
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 13
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. 'Bailamos' chega hoxe á súa gran final, en que Mattia, Hemellyn e Iria loitarán por conseguir o premio final. Nunha gala chea de sorpresas e de emoción, a orquestra París de Noia presentará un novo tema e anunciará o nome do concursante ao que quere fichar.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: Orquestras
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 13
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado.
O VENTO QUE AXITA A CEBADA
En Irlanda, no ano 1920, dous irmáns alístanse na guerrilla para combater contra as tropas británicas que intentan impedir a independencia de Irlanda. O amor polo seu país fai que Damien abandone a súa prometedora carreira de médico e se una ao seu irmán Teddy na loita pola liberdade. Tras sufrir varias derrotas e un arrepiante número de baixas, o Goberno británico decide pactar cos rebeldes. Pero o acordo alcanzado provoca divisións dentro do IRA e desemboca nun novo e fratricida conflito armado.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 61
Tras un longo período de inestabilidade, os Pardo Veiga enfróntanse agora a unha etapa de calma e de recuperación. Esgotados mental e fisicamente e case arruínados, terán que reinventarse para sobrevivir. Os espectadores verán hoxe como as posibilidades de supervivencia de Sara son moi poucas e, se o fai, caben moitas opcións de que fique nun estado vexetal.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 62
Mónica está nerviosa ante a primeira voda que se vai celebrar no pazo. Leonor, máis que axudar co negocio dos eventos, o que fai é investir de máis antes de que cheguen os primeiros ingresos. Porén, ninguén imaxina o plan oculto da noiva para o día do enlace. Rita, pola súa parte, confésalle a Daniel que lle foi infiel en Madrid.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 64
Emilio axuda na busca de Adrián, o irmán de Olalla, cuxa embarcación naufragou. A medida que se distancia de Sara, que segue sen lembrar a súa relación, achégase máis a Olalla.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 63
Sara recupera a consciencia, pero Emilio comproba con desilusión que non lembra nada da relación entrambos os dous.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 65
No presente capítulo de 'Pazo de Familia', Emilio continúa na vila mariñeira, onde descobre algo que descoñecía sobre Olalla. Mentres, no pazo, Sara comeza a lembrar os momentos de amor con Emilio. Deste xeito, a relación co herdeiro dos Pardo Veiga rexorde por fin, aínda que polo momento sexa no seu recordo.