div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 29.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

07:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 62

Mónica está nerviosa ante a primeira voda que se vai celebrar no pazo. Leonor, máis que axudar co negocio dos eventos, o que fai é investir de máis antes de que cheguen os primeiros ingresos. Porén, ninguén imaxina o plan oculto da noiva para o día do enlace. Rita, pola súa parte, confésalle a Daniel que lle foi infiel en Madrid.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 29.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 86

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 140

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e halteres centrada na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan das comidas da infancia e de compras absurdas que fixeron.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 139

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 424

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A xubilación flexible, a caída do consumo de peixe, traballar ao sol, as actitudes dos condutores ao volante, e a Festa do Boi de Allariz, temas a análise hoxe en ‘O termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 29.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 29.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:35 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 29.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:55 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 29.05.2026

16:10 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 810

Quinto e último día no 'Atrápame se podes' para esta tripulación de concursantes formada por Rodrigo, de Viveiro; Chus, de Arteixo; Marta Medela, de Culleredo; Kevin, de Palas de Rei, e Marta, de Pontevedra. Os 32.400 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'Minuto final'.

16:20 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Boiro - Ricardo e Diego, María e Martín

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

16:25 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DESFILE DAS FORZAS ARMADAS 2026 (1ª XORNADA-VENRES 29 DE MAIO)

17:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Desfile das Forzas Armadas 2026 (1ª xornada)

A TVG realizará unha retransmisión especial da Revista Naval desde Samil (Vigo), cunha duración aproximada de entre hora e media e dúas horas. A narración correrá a cargo do xornalista Jesús Fontenla, acompañado polo comentarista Alberto Vázquez.

19:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1023

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:15 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 15

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 29.05.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1486

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Bertín Osborne e Ortiga actúan hoxe nun 'Luar' que despedirá dous concursantes de 'Recantos'. Tamén pasarán polo escenario a orquestra Cinema e as agrupacións tradicionais Azaloira de Calo e Os Viqueiras de Ordes.

00:30 h

ESPERANZA

Anja e Tomas viven en familia xunto aos seus fillos biolóxicos e fillastros, pero durante os últimos anos a parella distanciouse. Cando Anja recibe o diagnóstico de cancro cerebral terminal o día antes de Nadal, a súa vida desfaise e pon a proba o amor desatendido.

02:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3420

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O violinista Ismael Caballero presenta o seu álbum ‘Fóra’ en 'ZigZag', que tamén se achegará á estrea do thriller ‘La silla’, a nova película do coruñés Ángel de la Cruz.

02:50 h

NO FOCO: NO FOCO 212

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

03:15 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 58

Nun momento en que Carlos parece máis preto que nunca de casar con Leonor e de facerse co patrimonio dos Pardo Veiga, a irrupción da exmuller de Emilio pode mudar as tornas. Por outra parte, cando a relación amorosa de Sara e Emilio parece rexurdir, o mordomo Amancio deberá tomar partido, dunha vez por todas, polo bando de Carlos ou dos Pardo Veiga.

04:25 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 59

O xuíz Ferreira está disposto a chantaxear a Mónica e Nino e usar o proxecto inmobiliario como lavadoiro de cartos para as súas actividades fraudulentas.

05:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 60

Mónica e Nino deciden plantarlle cara ao corrupto xuíz Pereira e Rita é escollida para unha audición que a pode levar á fama coma cantante.

06:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 61

Tras un longo período de inestabilidade, os Pardo Veiga enfróntanse agora a unha etapa de calma e de recuperación. Esgotados mental e fisicamente e case arruínados, terán que reinventarse para sobrevivir. Os espectadores verán hoxe como as posibilidades de supervivencia de Sara son moi poucas e, se o fai, caben moitas opcións de que fique nun estado vexetal.

div-crtvg-top2

Publicidade