div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 85

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 139

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e halteres centrada na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan da disciplina e dos chistes.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 423

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 809

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

16:25 h

CASAMOS!: A historia de amor de Marta e Víctor

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.

17:30 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Viveiro - Suso e Mari Carmen, Adrián e María

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

17:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1022

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:15 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 14

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 108

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.

22:45 h

SOMOS ANIMAIS: "MENTA E OS CACHORROS DE GRAN BOYERO"

Neste capítulo Hugo fai equipo con Xiana, unha veterinaria especializada en comportamento animal, para axudarlle a Menta. Esta galga de caza, que fora maltratada e abandonada, ten un novo dono que lle quere dar un futuro mellor. Pola súa banda, Jorge vai adestrar oito cachorros de Gran Boyero Suízo para que se leven ben e non se metan en leas.

23:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

01:00 h

O CLIENTE

Mark Sway é un neno de once anos que, tras ser testemuña do suicidio dun avogado da mafia, quedou traumatizado, porque sabe que, se revela o que viu, a súa vida se verá gravemente ameazada. Mentres un ambicioso fiscal federal non deixa de meterlle presión para que diga a verdade, a súa única aliada é unha valente avogada que arriscará a súa carreira e mesmo a súa vida para salvalo.

02:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 55

A fuxida de Emilio ten as horas contadas. Os sicarios contratados por Carlos agardan para cumprir a orde de asasinalo. Da decisión que tome dependerá a súa sorte, pero cada vez está máis convencido de que só queda unha opción: entregarse á policía.

03:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 56

A noticia de que Emilio está vivo trae hoxe de novo a felicidade a “Pazo de Familia”. Porén, ante a negativa do Pardo Veiga de denunciar a Nino como culpable do asasinato polo que se lle acusa a el, o xuíz Ferreira decrétalle prisión provisional sen fianza. Pola súa parte, Olalla e Iria deciden actuar pola súa conta para evitar que Emilio vaia ao cárcere, pero facelo implica entregarlle a Nino á policía. Mónica sabe que o seu mozo é o asasino de Clemente, pero a paixón que sente por el lévaa a actuar sen medir as consecuencias.

04:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3419

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 57

05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 58

Nun momento en que Carlos parece máis preto que nunca de casar con Leonor e de facerse co patrimonio dos Pardo Veiga, a irrupción da exmuller de Emilio pode mudar as tornas. Por outra parte, cando a relación amorosa de Sara e Emilio parece rexurdir, o mordomo Amancio deberá tomar partido, dunha vez por todas, polo bando de Carlos ou dos Pardo Veiga.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 60

Mónica e Nino deciden plantarlle cara ao corrupto xuíz Pereira e Rita é escollida para unha audición que a pode levar á fama coma cantante.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 59

O xuíz Ferreira está disposto a chantaxear a Mónica e Nino e usar o proxecto inmobiliario como lavadoiro de cartos para as súas actividades fraudulentas.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 28.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade