TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 27.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 27.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 27.05.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 138
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con esteira centrada na mobilidade e na zona lumbar. Anxo, Noemí, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 422
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará da tendencia de sacar o carné de conducir para coche automático; analizará a suba de prezo dos xantares e as ceas fóra da casa, e comentará cos expertos de Meteogalicia o cambio de tempo extremo deste mes de maio, coa chegada súbita de temperaturas propias do verán.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 27.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 27.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 808
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Chega o terceiro día da semana no 'Atrápame se podes', con Marta, de Pontevedra; Marta Medela, de Culleredo; Kevin, de Palas de Rei; Rodrigo, de Viveiro, e Chus, de Arteixo, como concursantes. Rodrigo Vázquez ten para eles moitas preguntas que deben responder correctamente se queren levar o bote, que está xa nos 32.100 euros.
CASAMOS: A historia de amor de Ana e Andy
Cando Ana e Andy se coñeceron a verdade é que non querían manter unha relación estable e convencional, pero, aos poucos, foron achegando coincidencias e boa química ao tempo que compartían a tranquilidade de atoparse nun momento oportuno nas súas vidas.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Santiago: Rodrigo e Uxía, Danik e Paula
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupifurgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1021
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 13
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 27.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 27.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 107
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un alto cargo policial achega a súa experiencia esta noite no 'Land Rober + Show'.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTA EN GALICIA III 33
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: A Estrada. Juan Manuel e Laura, Michelle e Daniel
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Juan Manuel coñecerá a Laura, un rapaza presumida, histriónica e con ganas de casar. Por outra parte, Michelle volve ao programa e atópase con Daniel, un mozo que se define como alegre, optimista e intenso.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTA EN GALICIA III 34
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: A Estrada. Mikel e Belén, David e Silvia
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Mikel, que recoñece que lle atraen as mulleres máis maiores, ten seis anos menos que Belén, a súa cita de hoxe, unha profesional vinculada á organización de eventos que ten a súa filla como prioridade absoluta. Pola súa parte, David, que combina a faceta de artista coa de técnico de laboratorio, coñecerá a Silvia, unha traballadora de axuda a domicilio que chega ao programa despois de superar unha relación complicada.
YESTERDAY
Jack Malik é un cantautor británico sen ningún éxito que soña coa fama y conta con apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack decátase de que é a única persoa capaz de lembrar os Beatles e as súas cancións.
ZIGZAG: ZIGZAG 3418
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A xornalista da TVG Irene Lourido presenta hoxe en 'ZigZag' a súa primeira novela, ‘O lado nobre’, X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 51
Emilio deberá decidir hoxe se confiar en Leonor, que asumirá un papel máis activo na procura do seu fillo. De facelo ou non dependerá que Emilio se salve ou perda a vida, xa que Carlos está máis decidido que nunca a acabar con el.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 52
Nino terá un papel primordial neste novo episodio da serie e del dependerá a sorte de Emilio. Ademais, Mónica descobre que un dos vehículos empregados para un atraco da banda do Caveiras pertence á empresa do seu mozo.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 53
Só Iria e Olalla saben a verdade e intentarán establecer alianzas para axudar a Emilio. Claudia e Daniel xa investigan para probar que non é culpable da morte de Clemente.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 54
O corrupto xuíz Pereira retíralle a confianza a Carlos, que ademais está a perder moitos cartos polos roubos levados a cabo pola banda de Nino. É tempo de novas alianzas, pero Carlos non deixará o trono sen pelexar. E neste episodio da serie tomará unha medida desesperada.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 56
A noticia de que Emilio está vivo trae hoxe de novo a felicidade a “Pazo de Familia”. Porén, ante a negativa do Pardo Veiga de denunciar a Nino como culpable do asasinato polo que se lle acusa a el, o xuíz Ferreira decrétalle prisión provisional sen fianza. Pola súa parte, Olalla e Iria deciden actuar pola súa conta para evitar que Emilio vaia ao cárcere, pero facelo implica entregarlle a Nino á policía. Mónica sabe que o seu mozo é o asasino de Clemente, pero a paixón que sente por el lévaa a actuar sen medir as consecuencias.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 55
A fuxida de Emilio ten as horas contadas. Os sicarios contratados por Carlos agardan para cumprir a orde de asasinalo. Da decisión que tome dependerá a súa sorte, pero cada vez está máis convencido de que só queda unha opción: entregarse á policía.