TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 137
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con halteres e esteira centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan de cales son os músculos que menos se traballan diariamente e tamén do fútbol e das casas de apostas.
O AGRO: O AGRO 26.05.2026
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 421
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 807
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.
CASAMOS!: A historia de amor de Jessica e Camilo
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. 'Casamos!' ofrece hoxe unha voda de temática cabalar, a de Jessica e Camilo. O seu foi un amor de taberna que tivo que facer fronte a algunhas dificultades.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Moaña. José e María, Juan Andrés e Jess
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupifurgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. En Moaña, os espectadores coñecerán unha historia pouco habitual, a de María, de 70 anos de idade e natural de Soutomaior, xubilada e apaixonada do baile, e José Carlos, de 71 anos, do Porriño, tamén xubilado e grande afeccionado ás salas de festas. Tamén serán protagonistas Juan Andrés, de 38 anos, de orixe colombiana e en proceso de mudanza a Rianxo, e Jess, unha cociñeira de Vigo de 32 anos, amante do deporte e dos videoxogos.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1020
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 12
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 106
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.
A GRANDE ESCOLLA: A GRANDE ESCOLLA - CARLOS LOZANO
Carlos Lozano busca en Galicia unha nova manda de galiñas para a súa eira. Noelia Rey é a encargada de seleccionar tres propostas diferentes entre as que debe escoller o madrileño: galiña de Mos, piñeira e poñedora ecolóxica.
TESOUROS NO FAIADO
Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 429
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 47
Amancio entende por fin que Sara segue querendo a Emilio.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 48
Amancio asume que non pode loitar contra o que Sara sente por Emilio e decide dar a batalla por perdida.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 49
O cerco non só se estreita para Emilio Pardo. Tanto Carlos coma Mónica buscan desenmascarar o Caveira, líder dunha banda de delincuentes, pero o que non sospeitan é que se trata do propio Nino, que cada vez ten maior poder nos baixos fondos da cidade.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 50
Os avances de Mónica na xudicatura para desenmascarar a banda que lidera Nino farán que teña que tomar unha medida drástica para continuar co seu poder na sombra.
ZIGZAG: ZIGZAG 3417
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 51
Emilio deberá decidir hoxe se confiar en Leonor, que asumirá un papel máis activo na procura do seu fillo. De facelo ou non dependerá que Emilio se salve ou perda a vida, xa que Carlos está máis decidido que nunca a acabar con el.