div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 418

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe do incremento da compravenda de vivendas en Galicia, ao contrario que a nivel nacional, e do comezo en Vigo da campaña para a eliminación dos niños de gaivotas.

09:00 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1186

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 23.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1771

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3415

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' contará hoxe coa presenza das fotógrafas Natane Vilas e Laura Parajuá, bolseiras pola Fundación Marta Ortega.

11:15 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 81

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

12:00 h

A GRANDE ESCOLLA: Violeta Crespo e Eddy Insua

Novo formato que mestura entretemento, concurso e divulgación arredor dun elemento moi noso: a calidade galega. En cada entrega, unha celebridade de fóra chega a Galicia na procura dun produto con selo galego, e será a presentadora e 'persoal shopper' Noelia Rey quen lle propoña tres opcións, entre as que só poderá escoller unha. Violeta Crespo busca en 'A grande escolla' o vestido de noiva perfecto para a súa voda con Eddy Insua. A influencer, que deberá elixir entre tres propostas nupciais moi diferentes entre si, confía no talento galego.

13:00 h

SOMOS ANIMAIS: Gilda e Lucas

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 23.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.05.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

NO FOCO: NO FOCO 212

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:45 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.05.2026

15:55 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 5

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Propostas frescas esta sobremesa en ‘Tarde Piaches’, coa música de Do Revés, unha homenaxe aos nosos centenarios, deporte e o humor dos colaboradores.

20:00 h

SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: SEN CÓDIGO POSTAL 2.0 3

Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas. Víctor Fábregas e Anita Mateu gozan hoxe en ‘Sen código postal 2.0’ das praias do concello de Miño.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.05.2026

21:55 h

BAILAMOS ESPECIAIS: Camiño á final

A TVG ofrece hoxe unha edición especial que amosa a evolución dos tres finalistas antes da gran final do concurso.

22:40 h

EN XOGO: O Celta en Europa

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo. Gustavo Varela convida no estudio a Roberto Lago, Andrés Túñez, Carme Méndez e Xabier Rodríguez Campos para analizar a última xornada da Primeira División, en que o Celta pode rematar na sexta praza accedendo de xeito directo á Europa League. En canto remate o partido contra o Sevilla, que se disputa en Balaídos, Tomás Alonso, Loreto Costa e Cristian Romero encargaranse de trasladarlle á audiencia o que suceda sobre o terreo de xogo e nos exteriores.

00:00 h

MORRA O CONTO ESPECIAIS: Depor vs Celta

00:40 h

OS FENÓMENOS

Película de Alfonso Zarauza, con Lola Dueñas, Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris', Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez Rey, Marcos Javier Fernández Eimil, Farruco Castromán, Xúlio Abonjo. España, 2014, 99’, Drama (+12). Unha muller que vive dende hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece xusto o día en que ía comezar a traballar. Por este motivo, regresa co seu bebé na súa vila natal, Ferrol. Ó principio ten moitas dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, o seu equipo de traballo empeza a destacar entre os demais pola súa capacidade de traballo.

02:15 h

ESTA TERRA É MIÑA

Arthur, un profesor francés tímido e moi covarde, recupera o valor e a dignidade ao pronunciar un acendido discurso sobre a liberdade durante o xuízo ao que é sometido por un asasinato que non cometeu. Louise Matin ten un irmán que participa en sabotaxes contra os nazis. George, en troques, colabora cos alemáns porque pensa que ese é o único camiño para lograr a paz e a seguridade.

02:25 h

A GRANDE ESCOLLA: Violeta Crespo e Eddy Insua

Novo formato que mestura entretemento, concurso e divulgación arredor dun elemento moi noso: a calidade galega. En cada entrega, unha celebridade de fóra chega a Galicia na procura dun produto con selo galego, e será a presentadora e 'persoal shopper' Noelia Rey quen lle propoña tres opcións, entre as que só poderá escoller unha. Violeta Crespo busca en 'A grande escolla' o vestido de noiva perfecto para a súa voda con Eddy Insua. A influencer, que deberá elixir entre tres propostas nupciais moi diferentes entre si, confía no talento galego.

04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 43

Serie.

04:05 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3415

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' contará hoxe coa presenza das fotógrafas Natane Vilas e Laura Parajuá, bolseiras pola Fundación Marta Ortega.

04:35 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 40

Serie.

05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 44

Serie.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 42

Serie.

05:50 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 41

Serie.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 45

Serie.

div-crtvg-top2

Publicidade