TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 41
Serie.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 43
Serie.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 42
Serie.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 83
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 135
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e pau centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan do que levarían a unha illa deserta.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 419
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de tratar variados temas de actualidade, ‘O termómetro' falará hoxe da chegada do bo tempo a Galicia, das graduacións universitarias e da suba de prezo dos pensos dos animais.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 805
Quinto e último día no 'Atrápame' para esta tripulación de concursantes formada por Tono, de Fene; Jesús, de Sarria; Sonia, de Valdoviño; Nuria, de Cedeira, e Sergio, de Rianxo. Os 31.600 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'Minuto final'.
TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 10
No programa de hoxe coñecemos a Alberto, Marcos e Elvis, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Riazor ata a Torre de Hércules. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.
CASAMOS!: A historia de amor de Nieves e Tiko
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. Nieves e Tiko celebran unha voda chea de luxo tras tres anos de relación.
MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 10
Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O Carballiño (Brian e Jorge, Joel e Rocío)
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O Carballiño será o escenario das citas de Brian e Jorge e de Joel e Rocío.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1018
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 10
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.05.2026
LUAR: LUAR 1485
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' conta hoxe coas actuacións de Silvia Pantoja e dos artistas emerxentes galegos Mk Maik e Lg1do. Tamén pasarán polo escenario Nando Llon, a orquestra Magos e o grupo de pandeireteiras As Miñeiras.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 8
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.
SEPARADOS
Gary e Brooke, tras dous anos de noivos, descobren que o amor que se profesaran desapareceu. O detonante é unha pequena discusión doméstica que remata converténdose nunha pelexa desaforada. E o problema é que ningún dos dous quere deixar o apartamento, co que empeza unha batalla en que tamén os amigos e parentes lles aconsellan recorrer á guerra psicolóxica para conseguir que o outro abandone o fogar.
ZIGZAG: ZIGZAG 3414
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O ‘Zigzag’ achégase hoxe á celebración do Festival de Cans no Porriño e conversa con Sheila Patricia sobre a próxima gala dos Premios Martín Codax da Música.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O Carballiño (Brian e Jorge, Joel e Rocío)
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O Carballiño será o escenario das citas de Brian e Jorge e de Joel e Rocío.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 83
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 38
Serie.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 39
Serie.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 40
Serie.