div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 82

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 134

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con esteira centrada no 'core' e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan da importancia da constancia.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 418

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe do incremento da compravenda de vivendas en Galicia, ao contrario que a nivel nacional, e do comezo en Vigo da campaña para a eliminación dos niños de gaivotas.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 21.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 21.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 804

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa está xa nos 31.400 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Sonia, de Valdoviño; Sergio, de Rianxo; Tono, de Fene; Jesús, de Sarria, e Nuria, de Cedeira. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'Minuto final'.

16:15 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 9

No programa de hoxe coñecemos a Sergio, Maino e Mario, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Lestedo a Bandeira. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.

16:35 h

CASAMOS!: A historia de amor de Vanesa e Pisco

Programa que amosa a ilusión das parellas de noivos que deciden celebrar o seu casamento, os nervios dos preparativos nupciais e as opinións e desexos de amigos e familiares. 'Casamos!' amosará hoxe a historia de Vanesa e Pisco, unha parella con moito feeling. Desde o mesmo momento en que se coñeceron, houbo unha grande atracción. Ambos os dous vírono claro e cando deixaron as súas respectivas parellas non o dubidaron.

16:45 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 9

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

17:40 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Noia (Juan e Sara, Antonio e Carolina)

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. En Noia, o programa xuntará a Sara e Juan Miguel e a Carolina e Antonio.

18:10 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1017

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 9

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 104

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A felicidade, protagonista no último ‘Land Rober + Show’ da semana.

22:45 h

SOMOS ANIMAIS: Morucha e Max

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. Os expertos de 'Somos Animais' ensinaranlle a coidar a súa burra a unha rapaza que deixou a cidade pola aldea. Tamén intervirán no caso dun caniche moi reactivo cos outros cans.

23:40 h

COLLIDOS NAS PATACAS

00:40 h

PISTOLEIRO

Un pistoleiro chega a unha vila do Oeste para traballar de shériff. Na viaxe acompáñao un mozo que atopou cando fuxía duns revolucionarios mexicanos. O novo representante da lei acepta levar a estrela para poder materializar a vinganza pola morte de seu fillo, ocorrida hai algún tempo.

01:55 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3413

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

02:15 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 34

Serie.

03:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 35

Serie.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 36

Serie.

05:50 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 37

Serie.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 39

Serie.

06:55 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 38

Serie.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 21.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade