div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Armando Ojea, deputado de Democracia Ourensana.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 19.05.2026

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 132

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con pau centrada no cardio e na mobilidade. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e tamén falan do exercicio de coordinación previo ó adestramento.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 416

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' fala hoxe sobre como actúan as bandas albanesas, de trampas para as velutinas, da tendencia dos cazadores de herdanzas e da gastroenterite.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 19.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 802

Nuria, de Cedeira; Tono, de Fene; Jesús, de Sarria; Sergio, de Rianxo, e Sonia, de Valdoviño, son os nosos concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 31.000 euros. Quen chegue ao 'Minuto final' debe acertar as cinco preguntas para conseguilo.

16:30 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 7

No programa de hoxe coñecemos a Tania, Mari e Rubén, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Vigo a Pontevedra. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino. Novo percorrido de ‘Taxi Quiz' entre Vigo e Pontevedra, con tres novos viaxeiros dispostos a participar no xogo de preguntas da condutora Carla Núñez.

17:00 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 7

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

17:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1015

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 7

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 102

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Nova edición do prezo xusto no ‘Land Rober + Show’, que tamén aborda o tema das finanzas en parella, ante as solicitudes realizadas por parte dos espectadores.

22:45 h

A GRANDE ESCOLLA: Violeta Crespo e Eddy Insua

Violeta Crespo vén a Galicia na procura do seu vestido de noiva ideal. Coa axuda a cegas de Eddy Insua, a súa parella, deberá elixir entre as tres propostas seleccionadas por Noelia Rey: o Celine de Maite Vázquez, o Branca brisa de Noa Estévez e o Mirielle de Isabel Vilaverde. Violeta Crespo busca en 'A grande escolla' o vestido de noiva perfecto para a súa voda con Eddy Insua. A influencer, que deberá elixir entre tres propostas nupciais moi diferentes entre si, confía no talento galego.

23:40 h

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.

00:00 h

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.

00:50 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 428

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

01:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3411

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' conversa hoxe co codirector da Galicia Design Week da Coruña, Álex Rico, e achégase á nova novela de Alba Tomé, que retrata a violencia machista en ‘As humidades’.

02:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 26

Serie. Nino saca o seu lado máis escuro e violento distanciándose dos Cabanas e de Rita, sumida nunha atracción por Pablo que semella ser mutua, igual que a que rexorde entre Emilio e Iria tras moitos anos de traballo compartido.

03:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 27

Serie.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 28

Serie.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 29

Serie.

06:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 30

Serie. Tanto César coma Leonor queren desfacerse o un do outro, pero ningún dos dous sabe que están contratando o mesmo sicario. Carlos xoga sempre a dúas bandas, pero, no negocio da morte, a decisión que tome será a definitiva.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade