div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 18.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 81

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 131

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 415

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A construción industrializada, o pago con bizum nos comercios e a convocatoria de folga indefinida no transporte por estrada, entre os temas que ‘O termómetro' abrangue hoxe.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 18.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 801

Inicia outra semana no ‘Atrápame se podes’ e recibirase no estudio a nova tripulación, que está formada por Jesús, de Sarria; Nuria, de Cedeira; Sergio, de Rianxo; Sonia, de Valdoviño, e Tono, de Fene. O bote do programa está en 30.600 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'. Inicia outra semana no ‘Atrápame se podes’ e recibirase no estudio a nova tripulación, que está formada por Jesús, de Sarria; Nuria, de Cedeira; Sergio, de Rianxo; Sonia, de Valdoviño, e Tono, de Fene. O bote do programa está en 30.600 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.

16:30 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 6

No programa de hoxe coñecemos a Patricia, Bárbara e Manuel, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Ferrol a Narón. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino. Tres novos viaxeiros comparten en ‘Taxi Quiz’ un traxecto cheo de imprevistos, entre Ferrol e Narón

17:00 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 6

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

17:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1014

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:20 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 6

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 101

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O magazine debuxa hoxe a próxima viaxe de Roberto Vilar a Finlandia e recibe uns convidados relacionados co sector inmobiliario.

22:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: O crime dos Tilos. A desaparición de Joel Fernández

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O crime dos Tilos, un dos máis estarrecedores da crónica negra galega, protagonista hoxe en 'Expediente oculto'. O programa tamén volverá sobre a desaparición en Vigo do mozo Joel Fernández, e repasará as penas dos sete galegos condenados a prisión permanente revisable.

23:45 h

NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): A casa dos Mouriño

A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. Hoxe tratarase o caso dun homicidio en Lalín, onde o matrimonio formado por José Mouriño e Carmen Reboredo cometeu o asasinato da súa filla e dun antigo traballador da casa, logo de prenderlle lume á vivenda e tratar de estoupala.

00:45 h

OS QUE NON PERDOAN

Texas, 1850. Unha familia de colonos resiste os constantes ataques dos indios Kiowa. Un día chega ata alí un forasteiro, que afirma que a filla adoptiva da familia é nai dun neno, Kiowa, e propón devolvela aos belicosos indios.

02:45 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3410

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo ‘Zigzag’ xirará hoxe arredor da celebración de senllas novas edicións do Festival de Cans e da Bienal de Cartelismo Terras Gauda.

03:10 h

NO FOCO: NO FOCO 211

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

03:30 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 23

Serie. O gran segredo, agora desvelado, marcará un antes e un despois non só para Nino, resolto a vingarse de César por privalo da compaña da súa nai, senón tamén para Rita e para o resto da familia Pardo Veiga.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 24

Serie. Xa recoñecido como fillo lexítimo por César, Nino pasa da cociña do servizo á mesa principal dos Pardo Veiga. Mentres tanto, a policía písalle os talóns a Sofía Salgado pola desaparición do sarxento Bascuas. No holding, a muller está contra as cordas polo afán de poder de Carlos e Luís, quen ademais a ameaza con contarlle a Emilio a súa infidelidade.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 25

Serie. Matou Sofía Salgado o seu primeiro marido? Nesta nova entrega da serie 'Pazo de Familia', a investigación policial á que agora é a muller de Emilio saca á luz novos datos sobre o seu pasado, tan novos que o propio Emilio se cuestiona se realmente a coñece.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 18.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade