div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 414

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' asistirá este venres en directo á Festa da Lingua Galega de Caldas de Reis e aos preparativos da Festa do Salmón da Estrada.

08:10 h

'REESCRIBIR PARA RESISTIR'

'Documental que conxuga educación, creación escénica e pensamento feminista e que ofrece unha ollada dos máis novos sobre a obra de Begoña Caamaño e a súa vixencia. Esta proposta audiovisual acompaña un grupo de rapaces nun obradoiro escénico en que crean un texto colectivo inspirado na obra e na ollada feminista da autora. A proposta recolle o legado de quen fixo da reescritura unha forma de xustiza narrativa para dar voz a quen quedara fóra da historia.

09:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1227

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2020

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. Continúa a celebración dos 2.000 programas de 'Nacer de Novo'. Hoxe, os espectadores Hoxe escoitarán persoas que atoparon un sentido diferente nas súas vidas vendo o espazo da TVG, que recibirá tamén tamén os saudos do ex-xogador do Celta de Vigo Edu e de Jozi Oliveira, ex-xogadora do Burela. Moncho Lagos rematará o programa explicando a trascendencia de Xesús na historia e na vida das persoas.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 638

Santiago de Compostela convértese nun gran espazo de encontro para centos de nenos, familias, catequistas e parroquias de toda a diocese no XII Encontro Diocesano de Nenos e Familias. Baixo o lema “Saíu o sementador a sementar”, esta xornada festiva e pastoral quere destacar a importancia da familia como primeiro lugar de transmisión da fe.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 475

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 17.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 25

‘Os nosos maiores’ visita os concellos de Redondela e de Ribeira para coñecer a Segundo e a Dolores. El é un amante da montaña que goza propoñéndose novos retos, mentres que ela é unha muller inquieta cunha extensa lista de actividades de ocio. Un amante da montaña de Redondela e unha muller inquieta de Ribeira, protagonistas hoxe en ‘Os nosos maiores’.

11:30 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 120

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Javier, natural de Ferrol; Nerea, de Vilanova de Arousa, e Rodrigo, de Oleiros, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

12:20 h

LIXO OU TESOURO: LIXO OU TESOURO 2

Presentado por María Mera, en cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase ao desafío de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección, con cousas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas. Unha parella de amigos enfróntase en 'Lixo ou Tesouro' ao reto de escoller o máis valioso dunha variada colección de obxectos. Ao longo das tres roldas do programa, aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un deles.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 17.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3409

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Edición especial do programa cultural ‘Zigzag’ dedicada a Begoña Caamaño, en que participarán escritores, familiares, amigas, académicas e estudosas da súa figura. Todo isto permitirá reconstruír a vida e a obra da autora, percorrendo ademais os seus lugares vitais. O programa contará cunha entrevista central, nos estudios da TVG, á irmá da homenaxeada, Beatriz Caamaño, e cunha despedida especial desde a Radio Galega, onde comezou a traballar en 1989.

16:05 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

16:10 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 4

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Fillas de Cassandra pon música nun ‘Tarde piaches’ que hoxe conversará no estudio con Gloria Lijó, Esther Estévez e David Vilares, entre outras.

20:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Especial Eleccións Andalucía 2026

Coincidindo co peche dos colexios electorais e coa difusión da enquisa de FORTA, activarase a cobertura especial da noite electoral. Adianto informativo, que incorporará a evolución automatizada do escrutinio e novas conexións en directo desde Sevilla con Marcos Sueiro.

20:05 h

SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: Brión

Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas. O carteiro e Anita Mateu levan o programa ata Brión, onde xunto a Fátima Pego descubrirán os segredos da vila.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2026

22:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Especial Eleccións Andalucía 2026

Novo adianto informativo coa actualización permanente dos resultados electorais. Ademais, a TVG manterá activo un ticker automatizado coa evolución do reconto electoral.

22:05 h

+CUÑADOS

Esta nova aventura dos cuñados arranca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días... Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, o xeito perfecto de branquear os cartos do botín que lles caeu do ceo. A aparición de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, na busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

23:40 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 183

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos Pés na Terra' subirá hoxe o cumio do Ézaro cun gandeiro e as súas vacas. O espazo da TVG tamén estará cun artesán que fai instrumentos tradicionais e cunha muller que comparte a súa sabedoría nas redes sociais.

00:40 h

EN XOGO: EN XOGO 805

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

01:35 h

LUAR: LUAR 1484

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A TVG ofrece hoxe un programa especial de 'Luar' dedicado ás Letras Galegas, coas actuacións de Uxía, Malvela e Cantigas e Agarimos. Tamén pasarán polo escenario Festicultores, Virgina Cruz, Samuel Soto, Os da Taberna e Kike Varela e Álvaro Puga.

04:20 h

NO FOCO: NO FOCO 211

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 21

Serie. Claudia quere demostrar que xa non sente nada polo seu ex Daniel. Para iso, propón celebrar unha cea a catro coas súas respectivas parellas: Pablo e Iria. Pero, se xa unha vez non foron quen de aguantar a tensión sexual ao traballar xuntos, conseguilo agora que buscan un bo slogan publicitario para o hostal que queren abrir no Camiño de Santiago tampouco vai ser doado.

05:50 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 22

Serie. Os espectadores verán que as intencións de Luís e Carlos de apartar a Sofía do holding son agora máis explícitas. Expertos na arte de manipular, os homes de palla de César Pardo intentarán que a propia Mónica se una a eles nos seus plans.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 17.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade