TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 413
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No día grande das festas da Ascensión en Compostela, ‘O termómetro' fala tamén do síndrome do impostor, dunha oferta de vivenda para camareiros e da suba de prezos da carne de porco e das atraccións das feiras.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1185
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 16.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1770
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3408
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
RESETÉAME: BEGOÑA CAAMAÑO
As pegadas de Begoña Caamaño, autora das Letras Galegas do 2026, son moi fondas nos barrios de Vigo. Alá vai Juan Meniño a lembrar a súa vida e obra.
DIVINO TESOURO: SALOMÉ SANTAMARIÑA E DAVID AMOR
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 119
Jesús, natural de Sarria, Sergio, de Rianxo, e Javier, de Ferrol, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
SOMOS ANIMAIS: Pepe e Mute
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. ‘Somos animais' enfróntase ao reto de coidar máis de 20 animais e de educar un galgo xordo. Hugo Cabaleiro e os expertos do programa amosan en casos reais como resolver situacións complexas coas mascotas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 211
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 3
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.
SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: Narón
Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas. Neste primeiro programa, Víctor e Anita irán á localidade de Narón na procura dos seus segredos máis agochados.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 16.05.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 12
Chegan as semifinais de ‘Bailamos anónimos’ e dos doce concursantes iniciais, xa só quedan seis competindo. A estas alturas, para conquistar o xurado, os rapaces bailan individualmente os temas que eles mesmos escollen e dano todo na pista. Entre os aspirantes hai risas, choros e visitas de improviso; xorden sobresaltos e prodúcense dramas que ninguén imaxina. Do espectáculo encárgase Nova Galega de Danza, a compañía que dirixe Jaime Pablo Díaz, que ofrece varias actuacións.
CONCERTO DO XXV ANIVERSARIO DE SONDESEU.
ANTES DE QUE ANOITEZA
Amosa a vida de Reinaldo Arenas desde a súa infancia nun ambiente rural e a súa temprana participación na revolución ata a persecución de que foi vítima máis tarde como escritor e homosexual na Cuba de Catro; desde a súa saída de Cuba no éxodo de Mariel Harbor ata o seu exilio e morte nos Estados Unidos. É o retrato dun home cuxo afán de liberdade -artística, política, sexual- desafiou a pobreza, a censura, a persecución, o exilio e a morte.
LABRANZA: LABRANZA 1770
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 19
Serie. Emilio solicita o financiamento do holding para o seu proxecto do balneario. Sabe que os negocios non pasan polo seu mellor momento, pero non imaxina ata que punto están afundidas as contas que agora controlan Sofía e Mónica.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 20
Serie. No mundo salvaxe dos negocios de 'Pazo de Familia', os lobos ouvean por recuperar o territorio perdido. En capítulos anteriores, Sofía demostrou aguante e intelixencia, pero con César afiando os dentes na sombra e agora con Carlos de volta no holding empresarial, a muller non sabe en quen pode confiar; nin sequera Mónica está xa da súa parte.