div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 15.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 21

Serie. Claudia quere demostrar que xa non sente nada polo seu ex Daniel. Para iso, propón celebrar unha cea a catro coas súas respectivas parellas: Pablo e Iria. Pero, se xa unha vez non foron quen de aguantar a tensión sexual ao traballar xuntos, conseguilo agora que buscan un bo slogan publicitario para o hostal que queren abrir no Camiño de Santiago tampouco vai ser doado.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 15.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 80

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 130

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira centrada no “core” e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan de cousas que lle gustan a todo o mundo menos a eles e tamén do pelo.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 414

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' asistirá este venres en directo á Festa da Lingua Galega de Caldas de Reis e aos preparativos da Festa do Salmón da Estrada.

13:30 h

MIRA TI: MIRA TI 27

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 15.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 15.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 800

Acaba a nosa particular semana, polo que nos temos que despedir do grupo de concursantes formado por Pablo, de Vilagarcía de Arousa; Carmiña, de Santa Comba; Óscar, de Ourense; Fini, de Marín, e Gonzalo, de Vigo. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de facerse co bote, que acumula ao inicio do programa 30.400 euros.

16:30 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 5

No programa de hoxe coñecemos a Laura, Marcos e Chus, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Poio a Sanxenxo. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.

17:05 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 5

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

17:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1013

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 5

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 15.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 15.05.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1484

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A TVG ofrece hoxe un programa especial de 'Luar' dedicado ás Letras Galegas, coas actuacións de Uxía, Malvela e Cantigas e Agarimos. Tamén pasarán polo escenario Festicultores, Virgina Cruz, Samuel Soto, Os da Taberna e Kike Varela e Álvaro Puga.

00:30 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 7

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. Os verbeneiros Lito Garrido e Laura Añón participan hoxe nos excitantes xogos de 'Malas pécoras'. Desta volta, o programa porá o foco no autocoidado persoal e, ademais, fará un repaso pola sexualidade de culturas moi diferentes ao longo da historia.

01:35 h

MICHELLE E OBAMA

No verán de 1989, un bolseiro estudante de dereito e unha avogada que traballan no mesmo bufete teñen a súa primeira cita. Aí nace o amor da que será unha das parellas máis carismáticas do mundo, o futuro presidente dos Estados Unidos e a futura primeira dama.

02:50 h

ZIGZAG: Episodio 3407

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os espectadores do ‘Zigzag’ coñecerán hoxe a banda emerxente compostelá Muaré, que mestura o funk cos ritmos discotequeiros.

03:15 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 39

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

03:35 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 16

Serie. Co sarxento Bascuas a punto de entrar na habitación de Sofía Salgado, tanto ela coma Emilio terán que recorrer a un acto desesperado para salvar as súas vidas.

04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 17

Serie. Con César forzado a dimitir, é o novo matrimonio formado por Sofía e Emilio o que dirixe os restos do imperio dos Pardo Veiga. Atrás quedaron 'O Universal' e a navieira, froitos dunha gloria maior que xa parece cousa do pasado.

05:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 19

Serie. Emilio solicita o financiamento do holding para o seu proxecto do balneario. Sabe que os negocios non pasan polo seu mellor momento, pero non imaxina ata que punto están afundidas as contas que agora controlan Sofía e Mónica.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 18

Serie. Se non foi César, quen mandou a Bascuas para matar a Sofía Salgado? Hoxe, desvélase o misterio de quen está a actuar desde as sombras para propiciar a caída da empresaria.

06:50 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 20

Serie. No mundo salvaxe dos negocios de 'Pazo de Familia', os lobos ouvean por recuperar o territorio perdido. En capítulos anteriores, Sofía demostrou aguante e intelixencia, pero con César afiando os dentes na sombra e agora con Carlos de volta no holding empresarial, a muller non sabe en quen pode confiar; nin sequera Mónica está xa da súa parte.

div-crtvg-top2

Publicidade