TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 14.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 14.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 79
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 129
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con goma e esteira centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan de que nunca é tarde para comezar algo e, ademais, Anxo propón o debate sobre que hai máis, portas ou rodas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 413
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No día grande das festas da Ascensión en Compostela, ‘O termómetro' fala tamén do síndrome do impostor, dunha oferta de vivenda para camareiros e da suba de prezos da carne de porco e das atraccións das feiras.
MIRA TI: MIRA TI 28
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 14.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 14.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 799
Rodrigo Vázquez recibe no estudio do 'Atrápame se podes' a tripulación formada por Óscar, de Ourense; Gonzalo, de Vigo; Pablo, de Vilagarcía de Arousa; Carmiña, de Santa Comba, e Fini, de Marín. O bote inicia o programa nos 30.200 euros e para ter opcións de levalo os nosos concursantes deben superar as distintas fases que establece o xogo.
TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 4
No programa de hoxe coñecemos a David, Ana e Alonso, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Mondoñedo a Vilalba. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor aos participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino. Tres viaxeiros convértense en concursantes improvisados hoxe en ‘Taxi Quiz’, nun novo reto entre Mondoñedo e Vilalba.
MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 4
Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1012
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 4
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 14.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 100
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Hoxe, moitas sorpresas e humor para celebrar que o ‘Land Rober + Show’ faise centenario.
SOMOS ANIMAIS: "ZUÑI E OS YORKSHIRES"
Hugo vai ver a Juni e á súa mascota, un can chamado Zuñi, que non deixa que ninguén se achegue á súa dona e que é o terror dos cativos no parque do barrio. Xunto a Lorena Terrón, experta en comportamento animal, Hugo vai descubrir se é posible gañar a confianza de Zuñi ou non hai nada que facer. Pola súa banda, Jorge Vázquez vai coñecer tres auténticos terremotos: Emma, Logan e Leah. Estes tres yorkshires non paran quietos nin cando a súa dona os leva en autobús.
SOMOS ANIMAIS: Zuñi e os yorkshires
Hugo vai ver a Juni e á súa mascota, un can chamado Zuñi, que non deixa que ninguén se achegue á súa dona e que é o terror dos cativos no parque do barrio. Xunto a Lorena Terrón, experta en comportamento animal, Hugo vai descubrir se é posible gañar a confianza de Zuñi ou non hai nada que facer. Pola súa banda, Jorge Vázquez vai coñecer tres auténticos terremotos: Emma, Logan e Leah. Estes tres yorkshires non paran quietos nin cando a súa dona os leva en autobús. Zuñi, o can que non deixa achegarse á súa dona, pon a proba a Hugo en 'Somos animais'. Lorena Terrón axudará a descubrir se é posible gañar a confianza desta mascota, mentres Jorge Vázquez coñece tres yorkshires moi inquietos.
COLLIDOS NAS PATACAS
As leccións que se estudarán nesta edición serán a da pataca galega e a do liño.
THE GENTLEMEN: OS SEÑORES DA MAFIA
Un capo da droga cun marcado estilo británico intenta vender o seu imperio a unha dinastía de multimillonarios procedentes de Oklahoma.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 12
A que vai casar si ou si é Marisiña. Que Tomaso non saiba nada sobre que el é o noivo parece ser o de menos. A serventa dos Pardo Veiga consegue enganalo para acudir xuntos aos cursos prematrimoniais do padre Dimas, aínda que non ten cartos para o vestido porque o empresario para o que fixeron o catering resulta ser un moroso e Sara non pode devolverlle o préstamo. As vodas semellan xerar máis tensións que alegrías na mansión dos Pardo Veiga. A de Nino e Rita, que agardan un fillo, enche de ciumes a Mónica. A muller non permitirá que ningunha circunstancia a distancie do home do que di estar namorada, aínda que teña que facer que corra o sangue para conseguilo.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 13
Tras atopar os billetes de avión a Leningrado no libro de poesía que lle regalou César, Claudia investiga en segredo a relación do seu avó co contrabando de medicamentos. De xeito paralelo faino Daniel, que, tamén para desgusto de Emilio, estreita o cerco e cada vez máis apunta como responsable a alguén de dentro da empresa familiar. Por outro lado, o doutor Baltasar quere con Sara algo máis ca unha relación médico-paciente, pero o que si que precisa dun médico é Cosme. Aínda que intenta ocultalo, desde hai un tempo tose sangue e comeza a preocupar a dona Leonor. Mentres, Sara está preocupada polo que poida facer Rita. Aínda que non o pode demostrar, a moza está segura de que perdeu o neno por culpa de Mónica e só desexa verse cara a cara con ela.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 14
Para salvar o resto da familia da vinganza de Sofía Salgado, o director de “O Universal” investiga a caída do pai de Sofía, coa esperanza de poder absolver a César cando menos nese outro asunto. Mentres tanto, alguén está a extorsionar a Mónica. Sen Nino para coidar dela, a muller vese nunha rúa sen saída. O chofer dos Pardo Veiga está por fin a vivir uns días de felicidade xunto a Rita. O maior dos seus problemas agora é intentar que os señores lles concedan un adianto do soldo e uns días libres para poder marchar de lúa de mel. Pola súa parte, tras bicar a Emilio, Sara non sabe onde meterse con tal de non cruzarse con el, pero chega o momento en que ambos os dous teñen que afrontar os seus sentimentos e falar do acontecido.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 15
Emilio está, por fin, seguro de publicar no seu propio xornal que o seu pai é un asasino, pero para iso ten que falar antes con Leonor. Pola súa parte, Claudia, incapaz de deixar a un lado o cariño que sente polo seu avó, anuncia que se afasta definitivamente do caso. Mentres tanto, Sara e Marisiña preparan unha festa sorpresa para Rita e Nino no día da súa voda. Mónica, que non atura máis a extorsión de Óscar, planea asasinalo.
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 16
Serie. Co sarxento Bascuas a punto de entrar na habitación de Sofía Salgado, tanto ela coma Emilio terán que recorrer a un acto desesperado para salvar as súas vidas.