div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventiva e saúde pública da Universidade de Santiago, para falar do gromo do hantavirus.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 78

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 126

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con 'step' e 'kettlebell' centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 410

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Arranca a semana das Letras Galegas nos contidos de ‘O termómetro', que tamén ensinará a aforrar na cesta da compra e o custo de ter un empregado.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 796

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Carmiña, de Santa Comba; Fini, de Marín; Gonzalo, de Vigo; Óscar, de Ourense, e Pablo, de Vilagarcía de Arousa. O bote comeza o programa nos 29.500 euros.

16:30 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 1

Formato de entretemento que combina concurso, emoción e espontaneidade nun escenario tan cotián como imprevisible: un taxi en movemento. Presentado por Carla Núñez, o programa transforma cada traxecto nun espontáneo estudo televisivo sobre rodas e nun reto en que o coñecemento, a rapidez mental e os nervios serán decisivos. No programa de hoxe, os espectadores coñecerán a Manuel, Xián e Sergio, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Ortoño a Brión. Ao longo do camiño deberán responder a diferentes preguntas que farán variar o bote: cada acerto engade puntos e cada erro resta. O premio final dependerá do equilibrio que atopen entre audacia e precisión, e a súa puntuación pode quedar debaixo de cero.

17:05 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA): MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 1

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

17:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1009

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:15 h

MIRA TI: MIRA TI 2

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

20:15 h

MIRA TI: MIRA TI 1

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

20:20 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 1

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 97

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa de humor adéntrase hoxe nas relacións de parella e no amor romántico, amais de sacarlle punta á polémica sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos.

22:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 19. O CRIME DA RÚA OPORTO. A DESAPARICIÓN DE ALFONSO MOZOS.

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente Oculto' analiza hoxe, en profundidade e con imaxes inéditas, o dobre crime da rúa Oporto de Vigo. O programa tamén falará da desaparición do psiquiatra Alfonso Mozos, cuxa pista se perdeu hai oito anos, e do traballo da UIFO, o CSI dos incendios forestais en Galicia.

23:40 h

NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): Bebedores de sangue

A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. ‘Na mente do asasino' retrotráese a setembro de 1925 para abordar o crime dos bebedores de sangue de Agolada. Os Mejuto acabaron coa vida dun veciño de apenas dous anos para intentar curar o seu fillo enfermo de tuberculose.

00:35 h

CAMIÑO DA VINGANZA

Un grupo de indios Kiowas obrigan a un cazador de peles a deixar todas as súas pezas a cambio dun escravo negro. Pero o asunto non queda así. Cando intenta recuperalas, uns bandidos adiántanselle, matan os indios, quítanlles o coiro cabeludo e marchan co cargamento do cazador, que non vai parar ata recuperalo.

02:15 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3404

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O compostelán Marcos Coll, referente mundial da harmónica, é hoxe o convidado do programa 'Zigzag'.

02:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Pomba mensaxeira

Tomás non se imaxina que Laura vai volver. María intenta pensar que é normal que non sinta moverse o neno. E a Ramón non se lle pasa pola cabeza que Lupe o vai desobedecer cando Álvaro esperta. A pesar das advertencias do médico e da familia, Manuel xa está a traballar para sacar adiante Cárnicas Santalla. Para asegurarse un futuro coa granxa, está convencido de contar con Freire, pero decátase de que a intención do indiano é comprar a parte de Tomás, deixándoo a el só. O Cabanas queda afundido, pero non sabe que a decisión de Freire ten que ver co seu estado de saúde.

03:45 h

LIBRO DE FAMILIA

María perdeu o neno e non quere volver ver a Marcos, pero cando vai xunto a Óscar, ambos os dous dubidan de se haberá algún xeito de poderen estar xuntos. Pola conversa que escoitou, Deli pensa que o seu home vai morrrer, pero o certo é que aínda non recibiu a noticia de se o tumor de Freire é benigno ou maligno. Pola súa parte, Ramón pensa que ten todo baixo control, pero con Álvaro esperto e sen conseguir poñerse en contacto con Lupe, só hai tempo para unha medida desesperada.

04:35 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 1

Sara, Cosme e Lolo chegan á casa dos Pardo Veiga. Son recibidos por Marisiña que, máis que alegrarse de velos, ínstaos a aprender rapidamente as estritas normas da familia da que están ao servizo.

05:45 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 2

Tras a revelación do primeiro capítulo de que don César é o pai de Nino, o magnate dos negocios debátese sobre se cumprir ou non a vontade da nai moribunda de ver por última vez o seu fillo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade