TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 409
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Pendente do gromo de Hantavirus,‘O termómetro' abranguerá hoxe tamén o comezo da campaña de recollida da cereixa, a moda das canas e a tradición dos Maios.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1226
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2019
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. Continúa a celebración dos 2.000 programas de 'Nacer de Novo'. Hoxe, os espectadores Hoxe escoitarán persoas que atoparon un sentido diferente nas súas vidas vendo o espazo da TVG, que recibirá tamén tamén os saudos do ex-xogador do Celta de Vigo Edu e de Jozi Oliveira, ex-xogadora do Burela. Moncho Lagos rematará o programa explicando a trascendencia de Xesús na historia e na vida das persoas.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 637
O mosteiro de San Salvador de Bergondo revive nove séculos de historia como símbolo de identidade, memoria e futuro. Fundado no século XII, este enclave románico foi testemuña do paso do tempo, das transformacións sociais e da vida espiritual da comunidade. A celebración do seu aniversario convértese nunha oportunidade para redescubrir non só o seu valor patrimonial, senón tamén a súa realidade pastoral viva.
SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS XII 43
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 10.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 24
Este docu-reality retrata, en formato de historias cruzadas, a rutina, a sabedoría e a superación de dúas persoas maiores cada semana, destacando exemplos positivos de envellecemento activo. 'Os Nosos Maiores' achégase esta semana a Tui e Cambados para coñecer un polifacético escultor e unha exmariscadora incansable.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 117
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Jesús, natural de Sarria; Miguel, de Vigo, e Ángel, de Santa Comba, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 9
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Chegan as expulsións a 'Bailamos': dúas batallas decisivas marcarán unha edición chea de emoción e despedidas. Noelia enfróntase a Tomás e Paco a Loli, nunha gala en que dous concursantes abandonarán o programa, mentres que os mellores clasificados bailarán no estudio ao son de Roi Méndez.
LIXO OU TESOURO
Presentado por María Mera, en cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase ao desafío de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección, con cousas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas. As concursantes desta noite serán Sara e a súa avoa Mari Carmen, que afrontarán un desafío claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 10.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 10.05.2026
Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.05.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 2
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 2
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O incendio nunha cociña, entre as situacións en que intervirá hoxe a Policía Local en 'Código 092: en primeira liña'. Os axentes terán que actuar tamén nun conflito veciñal por mor duns gatos e ante uns mozos que botan lixo no monte.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 10.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 10.05.2026
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 180
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos Pés na Terra' visita hoxe unha casa rural onde non faltan os animais, a boa cociña e a aventura. Os espectadores tamén coñecerán unha gandeira que ten o benestar dos seus animais como primeiro obxectivo e un colexio de Cervantes en que profesores e alumnos sacan unha grande aprendizaxe dun anaco pequeno de terra.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 181
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Un dos pioneiros do cultivo do kiwi en Galicia, protagonista hoxe no espazo 'Cos pés na terra'. O programa da TVG pasará tamén unha xornada de traballo cun gandeiro novo e cun ceramista.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 182
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos Pés na Terra' descubrirá esta semana os segredos da viticultura heroica na Ribeira Sacra. O programa ten tamén unha cita cun pastor de ovellas e cunha mestra de pintura no rural.
EN XOGO: EN XOGO 804
Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
LUAR: LUAR 1483
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Tennessee, Pili Pampín e o violinista Paco Montalvo lideran o elenco de 'Luar' nunha edición dedicada aos coleccionistas. O espazo gozará tamén coas propostas musicais de Capitán Sabrosura coa Fanfarria Furruxa, a Orquesta Capitol e Os Xograres de Lemos, amais do humor de Todo Mal e Patricia Vázquez.
LIBRO DE FAMILIA: Vender fume
Manuel agarda a chegada de Freire, ademais de porque é un grande amigo, porque quere contar con el para tomar a decisión de se venderlle ou non a Tomás a súa participación en Cárnicas Santalla, tal e como lle propón Marcos. Ademais, os socios teñen noticias de Álvaro, que está a cargo dun familiar que non repara en gastos do enfermo, polo que todos se preguntan que intereses agochará. Quen tamén intentará salvar Cárnicas Santalla é Carmiña, que, na súa inocencia, comeza a pedir esmola para iso. Pero atopa unha solución mellor: sortear un dos porcos da empresa, ou mellor dito, un dos futuros porcos, xa que as porcas da granxa aínda non pariron.
LIBRO DE FAMILIA: Animando a Sara
Laura, que xa tivo abondo coas normas ditatoriais do seu defunto Román, non atura as maneiras, cada vez máis semellantes, que emprega Marcos. Se cadra a solución é marchar, pero para María a cousa non é tan doada. Marcos é o home que ela escolleu e nin sequera lle pode contar que está moi preocupada porque non sente moverse o bebé. Mentres, as prioridades de Tomás mudan cando se decata de que Laura non ten claro se é con el con quen quere estar, así que quere poñer terra de por medio e venderlle a súa parte na empresa a seu pai. Pero Marcos ten un interese especial en facerse coa totalidade de Cárnicas Santalla, o que fai sospeitar a Freire.