TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 408
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Pendente das novas sobre o gromo do hantavirus, ‘O termómetro' coñece hoxe o mellor bocadillo de Galicia e fala do elevado prezo do ouro e da disfunción eréctil.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1184
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 09.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1769
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3403
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O cantante Davide Salvado presenta en ‘Zigzag’ o seu novo disco, ‘Permita Deus’, unha proposta íntima creada para os sentidos.
DIVINO TESOURO: Noa Blanco e Álex Sierpe
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. Unha nova promesa das artes plásticas e un subcampión de Europa de atletismo, protagonistas hoxe do ‘Divino tesouro’.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 117
Roberto Carlos, natural de Cangas, Martina, de Moaña, e Ángel, de Santa Comba, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 111
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
SOMOS ANIMAIS: Odi e Pipoca Bruna
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.
MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 13
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 09.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 210
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.05.2026
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 1
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Entre os convidados, hoxe contará co humorista Moncho Borrajo; con Esther Teijeiro, pioneira na denominación Ribeira Sacra e referente no cultivo ecolóxico; e con Paula Trigo, quen tras superar o transplante dos pulmóns por unha enfermidade rara, é todo un exemplo de superación.
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 1
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O primeiro episodio acompaña á Policía Local de Santiago durante a intensa noite do 24 de xullo, véspera do Día do Apóstolo.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 46
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 47
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 09.05.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 11
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. ‘Bailamos' desvela hoxe os semifinalistas do programa e recibe a visita da París de Noia, na busca de talento entre os concursantes. As batallas de Noelia e Ángel e Nely e Paula decidirán quen pasa á seguinte fase, mentres que os aspirantes expulsados regresan cunha coreografía especial.
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Previa Velada Terra de Loitadores (boxeo)
RETRANSMISIÓNS VARIAS: Boxeo: Velada Terra de Loitadores A Coruña
Sevi Martínez narrará a velada na compaña do actor Martiño Rivas.
RETRANSMISIÓNS VARIAS: VELADA TERRA DE LOITADORES A CORUÑA (BOXEO)
A AVOA SABELLA
Rafael regresa á aldea convencido de que a súa avoa está a piques de falecer, pero axiña descobre que todo era unha trampa para casalo coa filla dunha familia adiñeirada. Porén, a avoa non contaba con que o rapaz xa tiña outros plans.
LABRANZA: LABRANZA 1769
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
LIBRO DE FAMILIA: Dispendio
Unha misteriosa chamada. Un suposto socio de Ramón Balseiro. Unha trampa tendida a Lupe que podería mudar o rumbo dos acontecementos... A sombra da dúbida cae en Santalla e Vilariz, onde se multiplican as preguntas que terán resposta no novo capítulo de 'Libro de Familia'. Poderá María seguir simulando coa súa nai que non ocorreu nada con Óscar, que o fillo que agarda non pode ser del? Que faría Marcos se o chegase a saber? Que fará Laura, que comezaba a sobrepoñerse ao abandono de Telmo, cando reciba unha carta súa desde París? Poderán Manuel e Tomás contar co apoio do novo socio agora que a Cárnicas Santalla lle xorde como competencia unha granxa grande?
LIBRO DE FAMILIA: Voto de silencio
Carmiña fixo voto de silencio, xa que, para non ter que oíla, Cosme ofreceulle 1.000 pesetas por pasar un día calada. Coñecéndoa, todos pensan que non o ha conseguir, pero o que non se lles pasa pola cabeza é que, aínda muda, Carmiña pode argallar un plan para saírse coa súa. Por razóns moito máis serias, tampouco Lupe pode dicir palabra do que lle aconteceu. A ameaza de Ramón de acusala como cómplice fará que teña que mentir e actuar contra a súa vontade.
LIBRO DE FAMILIA: Vender fume
Manuel agarda a chegada de Freire, ademais de porque é un grande amigo, porque quere contar con el para tomar a decisión de se venderlle ou non a Tomás a súa participación en Cárnicas Santalla, tal e como lle propón Marcos. Ademais, os socios teñen noticias de Álvaro, que está a cargo dun familiar que non repara en gastos do enfermo, polo que todos se preguntan que intereses agochará. Quen tamén intentará salvar Cárnicas Santalla é Carmiña, que, na súa inocencia, comeza a pedir esmola para iso. Pero atopa unha solución mellor: sortear un dos porcos da empresa, ou mellor dito, un dos futuros porcos, xa que as porcas da granxa aínda non pariron.
LIBRO DE FAMILIA: Crise de castidade
A pesar dos sermóns de don Venancio, os instintos máis baixos dos homes están a ferver en Santalla. Para calmalos, Pepe cre poder escoller: Carmiña, Elvira ou, se cadra, as dúas á vez? Pola súa parte, as ansias de posesión de Marcos non rematan cando leva pola forza a súa muller a Vilariz. Cando semella que María non ten escapatoria posible, comeza a xurdir a complicidade coa súa sogra, Laura, que intúe algo do que acontece con Óscar. Mentres tanto, Tomás está decidido a venderlle a súa participación en Cárnicas Santalla a Marcos. Manuel, que non se perdoa que non lle parase os pés ao seu xenro na súa propia casa, non atopa consolo tampouco no traballo.
LIBRO DE FAMILIA: Animando a Sara
Laura, que xa tivo abondo coas normas ditatoriais do seu defunto Román, non atura as maneiras, cada vez máis semellantes, que emprega Marcos. Se cadra a solución é marchar, pero para María a cousa non é tan doada. Marcos é o home que ela escolleu e nin sequera lle pode contar que está moi preocupada porque non sente moverse o bebé. Mentres, as prioridades de Tomás mudan cando se decata de que Laura non ten claro se é con el con quen quere estar, así que quere poñer terra de por medio e venderlle a súa parte na empresa a seu pai. Pero Marcos ten un interese especial en facerse coa totalidade de Cárnicas Santalla, o que fai sospeitar a Freire.