TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 77
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 125
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira centrada no “core” e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios. Tamén falan de cales son os ingredientes que máis detestan, ademais de comentar algúns nomes graciosos de persoas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 409
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 795
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1333
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1008
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.05.2026
LUAR: LUAR 1483
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 6
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.
ADEUS, SEÑOR HAFFMANN
París, 1942. François Mercier é un home corrente que só aspira a formar unha familia coa muller que ama, Blanche. Tamén é o empregado dun talentoso xoieiro, o señor Haffmann. Pero, ante a ocupación alemá, os dous homes non terán máis remedio que concluír un acordo cuxas consecuencias, ao longo dos meses, alterarán o destino dos tres personaxes.
LIBRO DE FAMILIA
Pepe e Carmiña, por un lado, e don Venancio e Elvira, polo outro, preparan senllos actos de benvida. Coñecendo as dúas parellas, poucos dirían que por unha vez se van pór de acordo nas súas ideas. O regreso de Freire pode supor para Manuel o apoio necesario para evitar que Marcos se convirta en acredor da empresa.
LIBRO DE FAMILIA
Marcos e Manuel conclúen que o home que os denunciou por non contratar a Álvaro é o mesmo que, facéndose pasar por un familiar do enfermo, lles impide saber da súa saúde. Pero, dalgún xeito, as noticias acabarán por chegar. Mentres tanto, os días de Laura son o máis semellante a un pesadelo. O alcol é un refuxio para esquecer por uns intres a realidade, mais a imaxe de Telmo volve cada vez con máis forza. Pero Laura conta co apoio de Óscar e de Tomás e, por vez primeira desde que foi abandonada, mesmo pode albergar espazo para un novo amor. A que tamén se queixa da realidade é María, que, tras unha forte discusión co seu home, confésalle á súa nai que bota de menos a Óscar.
ZIGZAG: ZIGZAG 3402
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
LIBRO DE FAMILIA
Alguén moi cercano a María decátase dun grande segredo: Óscar pode ser o pai do neno que agarda a rapaza. Precisamente por mor de ocultar algo, neste caso que Pepe é calvo e usa perruca, o home verase nun malentendido que pode acabar coa súa saúde, xa que, ilusionado por que lle medre o cabelo, toma unha beberaxe que en realidade é para a medra doutra cousa.
LIBRO DE FAMILIA: Dispendio
Unha misteriosa chamada. Un suposto socio de Ramón Balseiro. Unha trampa tendida a Lupe que podería mudar o rumbo dos acontecementos... A sombra da dúbida cae en Santalla e Vilariz, onde se multiplican as preguntas que terán resposta no novo capítulo de 'Libro de Familia'. Poderá María seguir simulando coa súa nai que non ocorreu nada con Óscar, que o fillo que agarda non pode ser del? Que faría Marcos se o chegase a saber? Que fará Laura, que comezaba a sobrepoñerse ao abandono de Telmo, cando reciba unha carta súa desde París? Poderán Manuel e Tomás contar co apoio do novo socio agora que a Cárnicas Santalla lle xorde como competencia unha granxa grande?
LIBRO DE FAMILIA: Crise de castidade
A pesar dos sermóns de don Venancio, os instintos máis baixos dos homes están a ferver en Santalla. Para calmalos, Pepe cre poder escoller: Carmiña, Elvira ou, se cadra, as dúas á vez? Pola súa parte, as ansias de posesión de Marcos non rematan cando leva pola forza a súa muller a Vilariz. Cando semella que María non ten escapatoria posible, comeza a xurdir a complicidade coa súa sogra, Laura, que intúe algo do que acontece con Óscar. Mentres tanto, Tomás está decidido a venderlle a súa participación en Cárnicas Santalla a Marcos. Manuel, que non se perdoa que non lle parase os pés ao seu xenro na súa propia casa, non atopa consolo tampouco no traballo.
LIBRO DE FAMILIA: Voto de silencio
Carmiña fixo voto de silencio, xa que, para non ter que oíla, Cosme ofreceulle 1.000 pesetas por pasar un día calada. Coñecéndoa, todos pensan que non o ha conseguir, pero o que non se lles pasa pola cabeza é que, aínda muda, Carmiña pode argallar un plan para saírse coa súa. Por razóns moito máis serias, tampouco Lupe pode dicir palabra do que lle aconteceu. A ameaza de Ramón de acusala como cómplice fará que teña que mentir e actuar contra a súa vontade.