TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.05.2026
BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 76
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 124
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 408
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
MIRA TI: MIRA TI 28
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
MIRA TI: MIRA TI 27
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 794
Natalia de Neda, José da Coruña, Nieves de Marín, Anxo de Nigrán e Javier de Ourense son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para loitar polo bote, que está xa nos 29 000 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1332
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1007
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 96
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.
SOMOS ANIMAIS: "RAJHNIA E KAISER"
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.
COLLIDOS NAS PATACAS
O porco celta. A moriña de verdade.
A HORA DAS PISTOLAS
A mañá do 26 de outubro de 1891, a vila de Tombstone (Arizona) é marco dun enfrontamento histórico: o shériff e o seu axudante contra os irmáns Clanton. O resultado son dous mortos da familia dos Clanton e tres feridos. O pai, que sae ileso, foxe e reclama vinganza.
LIBRO DE FAMILIA: Instinto maternal
Tras o susto sufrido, María garda repouso. Todos se afanan en coidala o mellor posible e recibe varias visitas na casa, entre elas a de Lupe, que sente curiosidade por saber quen é verdadeiramente o pai do neno.
LIBRO DE FAMILIA: Loito pechado
Deli quere postergar o seu loito e, cando sabe da enfermidade do seu home, saca forzas de fraqueza para non vestir de viúva por adiantado. O de Laura, despois de que Telmo a abandone, está tinguido dunha carraxe que a volverá irrecoñecible. E, finalmente, está o loito de Pepe, sentido e pechado polos porcos mortos no sinistro, que será aproveitado pola ansia lucrativa do cura e de Elvira. Porén, onde el ve 'restos mortais', Carmiña só distingue lacóns e soás.
ZIGZAG: ZIGZAG 3401
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
LIBRO DE FAMILIA: Nais postizas
Para Cárnicas Santalla a imposibilidade de cobrar un peso do seguro pode ser nada en comparación cos ataques que está a argallar Ramón desde a sombra. Pola súa parte, Laura, ao límite dos nervios, semella non poder levantar cabeza tras o abandono de Telmo e Óscar non renuncia a María a pesar de telo todo en contra.
LIBRO DE FAMILIA: Cousas enxebres
As parellas formadas por Carmiña e Pepe e polo cura e a beata Elvira intentarán responder a pregunta: 'que ten Santalla de especial?'. O obxectivo é gañar un concurso en que mesmo o vello Cosme, que afirma que a vila non ten nada de particular, se verá envolto e poderá saír magoado. Especial é tamén a relación de María con Óscar. Incluso Sara comezará a percibir que o distanciamento da súa filla co home pode obedecer a algo que ela descoñece. Aínda que, para descoñecida, está Laura. A muller, resentida polo abandono de Telmo, resulta tan ferinte que María e máis Sara non a aturan máis e tomarán unha decisión drástica.
LIBRO DE FAMILIA
Pepe e Carmiña, por un lado, e don Venancio e Elvira, polo outro, preparan senllos actos de benvida. Coñecendo as dúas parellas, poucos dirían que por unha vez se van pór de acordo nas súas ideas. O regreso de Freire pode supor para Manuel o apoio necesario para evitar que Marcos se convirta en acredor da empresa.