TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 06.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 06.05.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 123
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 407
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outras cuestións, ‘O termómetro' achega as novas do hantavirus, a resulta de morrer sen testamento e analiza os métodos de control do teletraballo.
MIRA TI: MIRA TI 28
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
MIRA TI: MIRA TI 27
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 793
Terceiro día da nosa particular semana e o bote do 'Atrápame' está nos 28.800 euros. Van pelexar por el José, da Coruña; Natalia, de Neda; Javier, de Ourense; Nieves, de Marín, e Anxo, de Nigrán. Vaise decidir todo no 'Minuto final', onde cada pregunta ben contestada ten un valor de 100 euros, pero se o concursante responde correctamente ás cinco cuestións, leva o gran premio. Terceiro día da nosa particular semana e o bote do 'Atrápame' está nos 28.800 euros. Van pelexar por el José, da Coruña; Natalia, de Neda; Javier, de Ourense; Nieves, de Marín, e Anxo, de Nigrán. Vaise decidir todo no 'Minuto final', onde cada pregunta ben contestada ten un valor de 100 euros, pero se o concursante responde correctamente ás cinco cuestións, leva o gran premio.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1331
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1006
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 95
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Haruna Chatani regresa hoxe ao ‘Land Rober + Show', que tamén desenvolverá a sección do prezo xusto.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Allariz: Alberto-Mariluz e Diego-Xavi
Na procura do amor, Mariluz e Alberto coñécense nunha cita marcada polo caracter, a sinceridade e as ganas de volver a ilusionarse por parte de ambos. Pola súa banda, Diego e Xavi falan sen tabús da intensidade e das relacións en parella. As citas de 'O amor está en Galicia' fan parada en Allariz, entre ganas de volver ilusionarse, ledicia e moito carácter. O programa da TVG leva á vila ourensá catro encontros con historias de segundas oportunidades e primeiras impresións, que buscarán facer saltar a chispa do amor.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 27
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Allariz: Rut-Serxio e Miriam-Miguel Ángel
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. As citas de 'O amor está en Galicia' fan parada en Allariz, entre ganas de volver ilusionarse, ledicia e moito carácter. O programa da TVG leva á vila ourensá catro encontros con historias de segundas oportunidades e primeiras impresións, que buscarán facer saltar a chispa do amor.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 28
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
UNHA HERDANZA REVIRADA
Tras a morte da súa nai, Leif ten unha herdanza, pero con condicións: antes de poder mudarse a súa cabana en Yosemite, ten que completar unha lista de cousas.
UNHA HERDANZA REVIRADA
Tras a morte da súa nai, Leif ten unha herdanza, pero con condicións: antes de poder mudarse a súa cabana en Yosemite, ten que completar unha lista de cousas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3400
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' entrevista hoxe a Manolo Paz, escultor galego que inaugurou en Nova Yok York a súa exposición ‘A distancia que une’.
NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 03.05.2026
LIBRO DE FAMILIA: Competencia desleal
Tras descubrir a relación entre Laura e Telmo, Marcos indígnase. Séntese traizoado polo boticario e non aproba o que está a facer súa nai. María, segue apoiando a parella e intentará mediar entre eles e Marcos para que a família permaneza unida.
LIBRO DE FAMILIA: Tortas
Laura atópase como unha quinceañeira vivindo seu amor con Telmo. Ambos parecen moi namorados, sen embargo, semella que o destino non se quere pór de cara para eles. Continúa o malestar por parte de Marcos, que desaproba totalmente a relación da súa nai, pero hai algo co que non contaba: Laura estará disposta ao que faga falta por ser feliz e vivir a súa paixón.
LIBRO DE FAMILIA: Tal día como hoxe
Tras negar o seu embarazo, María comparte a nova con Óscar, o que semella que volve achegar os dous mozos, mentres que Marcos e o resto da familia seguen alleos, de momento.
LIBRO DE FAMILIA: En boa compañía
Don Venancio proponse un reto: rematar coa soltería na vila. Todos se rin da súa proposta, pero ninguén quere quedar atrás. Álvaro, Cosme e Pepe rétanse a ver quen deles consegue parella antes. Quen será o afortunado? E o máis importante... quen será a afortunada?
LIBRO DE FAMILIA: A cegoña
Toda a vila está leda, pero quen é a muller que se atopa en estado? María está a ser tan discreta co seu embarazo que as dúbidas se disparan, creando máis dun malentendido. Por suposto, os protagonistas do equívoco non poden ser outros que Venancio, Elvira, Carmiña e Pepe. Pola súa parte, Freire segue a empeorar, aínda que llo quere ocultar aos que o rodean, especialmente e Deli. Tomás termina por desfogarse con Manuel e confésalle o da enfermidade de seu pai. Manuel non pode crer o que oe, pero toma forzas para animar o seu amigo. Ambos os dous desfanse en agarimos e coidados co indiano.