TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 75
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 121
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión coa pelota de pilates, a goma e a esteira. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 405
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Unha invasión de algas en Muros, o efecto das tortas ‘low cost’ e aprender a distinguir aves comúns, entre os contidos de ‘O Termómetro’ deste luns.
MIRA TI: MIRA TI 25
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 791
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' con nova tripulación de concursantes, que está formada por Anxo, de Nigrán; Javier, de Ourense; José, da Coruña; Natalia, de Neda, e Nieves, de Marín. O bote inicia o programa de hoxe nos 28.200 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1329
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1004
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 04.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.05.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 93
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Roberto Vilar responde no ‘Land Rober + Show' as consultas dos espectadores e recibe un convidado relacionado co mundo das discotecas.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO II 18
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. 'Expediente oculto' revive hoxe o crime da Esmorga e reabre a misteriosa desaparición de María José Arcos. O programa analiza tamén a seguridade das atraccións de feira coa chegada das festas.
NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): Veleno en Maceda
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O espazo 'Na Mente do Asasino' analiza hoxe o caso do envelenamento de Maceda. A vítima do suceso que o programa indaga esta noite bebeu dunha botella de viño que atopou na súa finca e que levaba un veleno mortal.
HORIZONTES DE GRANDEZA
James McKay, cabaleiro refinado do Este, propietario dunha frota, diríxese ao Oeste para casar coa filla dun importante rancheiro. Inmediatamente vese inmerso na loita entre dous terratenentes, un deles o seu futuro sogro, polo control da terra e máis ben polo dominio da auga, nunha terra inhóspita afastada da civilización onde a xente toma a xustiza pola súa man.
ZIGZAG: ZIGZAG 3398
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A escritora Lorena Soto falará en 'ZigZag' do seu regreso á poesía coa obra ‘Exuvia e saliva’, Premio da Crítica 2025.
LIBRO DE FAMILIA: Taberneiras ben levadas
Manuel séguelle dando voltas á idea de deixar a granxa, Freire intenta falar con el para reconducir a situación, pero, en cambio, Tomás é moito máis duro e pensa que é o mellor para a sociedade. Sara e Deli tamén están preocupadas pola situación dos seus homes e intentan mediar.
LIBRO DE FAMILIA: Voces descoñecidas
Na casa dos Cabanas Cosme reciben a chamada de Elías, ten que voltar a Santalla para amañar uns papeis. Cosme decide gardalo en segredo e prepararlle unha sorpresa a Carmiña, pero esta está cada vez máis preto de Pepe, co que comparte tempo e risas.
LIBRO DE FAMILIA: Regalos de Suíza
Despois da malleira que Álvaro lle propina a Daniel, Lupe desconfía de que este traballe ás ordes de Balseiro. A sombra de Ramón segue a percorrer Santalla, aínda que todos o dean por morto.