TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 404
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de ver os preparativos dos Maios en Ourense, ‘O termómetro' coñece os problemas de transporte para esta ponte e fala de prácticas irregulares na hostalería.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1225
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2018
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de novo' celebra os seus 2.000 programas cunha entrevista exclusiva hoxe ao cantautor Juan Luis Guerra.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 636
Programa relixioso.
SANTA MISA: SANTA MISA VII 474
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 03.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 23
Este docu-reality retrata, en formato de historias cruzadas, a rutina, a sabedoría e a superación de dúas persoas maiores cada semana, destacando exemplos positivos de envellecemento activo. Un supervivente de catro naufraxios que goza dun amor tardío e unha muller cuxos días están repletos de actividades, protagonistas en ‘Os nosos maiores'.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 116
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 8
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 03.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 03.05.2026
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.05.2026
SALA G: Avós contra netos
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G' escolle hoxe a mellor xeración de Galicia nun enfrontamento de avós contra netos. O programa conta coa participación dos cantantes Ortiga e Shaila Dúrcal.
GALICIA BONITA: Vilagarcía de Arousa
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo enfróntase hoxe en Vilagarcía de Arousa ao reto maiúsculo de finalizar unha reforma en catro días. A teima de dúas consogras coa parede medianeira porá a proba a paciencia do propietario.
GALICIA BONITA: Castrelo de Miño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Desta volta, Rosa, Adrián e Álex visitan a fermosísima vivenda tradicional de Ángeles en Castrelo de Miño. A pesar das boas intencións da expedición de ‘Galicia Bonita’, a arquitecta perita como inasumíbel a súa reforma en tan só cinco xornadas de traballo. O compromiso e a solidariedade dunha propietaria agradecida abre as portas a unha última posibilidade.
GALICIA BONITA: O Pino
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia bonita’ acomete hoxe o reto arduo de mellorar un 'chabolo' no Pino. Rosa Facal e os seus colaboradores reformarán unha casa illada e sen cobertura e recuperarán unha propiedade esquecida durante dez anos.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 03.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 03.05.2026
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 224
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Os espectadores de 'Cos pés na terra' descubrirán hoxe un proxecto cheo de creatividade na ría de Aldán. O equipo do programa tamén estará cunha labrega que participa nunha iniciativa colaborativa e cunha apaixonada das vacas que se está a formar para ser a mellor gandeira posible.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa amosará o día a día dun canteiro, dun criador de vacas Angus e dun pai e unha filla que cultivan oliveiras.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 179
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos pés na terra' acompañará esta semana un veterinario e gandeiro e unha cesteira. Ademais, da man dunha produtora de faba loba, os espectadores coñecerán as bondades deste legume.
EN XOGO: EN XOGO 803
Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
LUAR: LUAR 1482
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O dúo K-Narias e o rapeiro vigués Dirty Suc actúan no primeiro 'Luar' do mes de maio, dedicado ao Día da Nai. Polo escenario tamén pasarán a orquestra Acordes, a charanga tradicional galega Sete Aldeas e os membros do xurado de ‘Recantos’, que comeza hoxe a quinta fase do concurso.
NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 03.05.2026
LIBRO DE FAMILIA: Intermediarios
Parece que todo vai vento en popa na granxa; rematadas as obras, chega un novo camión de porcas, algunhas delas preñadas. Saen tamén á venda os primeiros embutidos da empresa, pero a un prezo prohibitivo.
LIBRO DE FAMILIA: Soas e mal acompañadas
Os problemas acumúlanse en torno á granxa. Manuel e Freire sacan vellas rencillas por culpa da desconfianza de Manuel. Manuel séntese desprazado e pensa en deixar a sociedade.