TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
LIBRO DE FAMILIA: Bolboretas no estómago
Deli está encantadísima con Freire logo do espectáculo do concurso de baile, tanto que parece esquecer todo o referente a Manuel é a situación tirante entre eles desaparece.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1003
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 74
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 120
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con halteres e esteira centrada no 'core' e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 404
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de ver os preparativos dos Maios en Ourense, ‘O termómetro' coñece os problemas de transporte para esta ponte e fala de prácticas irregulares na hostalería.
MIRA TI: MIRA TI 25
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
MIRA TI: MIRA TI 26
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 790
Chega o último programa desta semana o 'Atrápame se podes' e os concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 28.400 euros pelexan hoxe Natalia, de Moeche; Ángel, da Coruña; José, de Valdoviño; Begoña, de Salvaterra de Miño, e Belén, de Culleredo. Chega o último programa desta semana o 'Atrápame se podes' e os concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 28.400 euros pelexan hoxe Natalia, de Moeche; Ángel, da Coruña; José, de Valdoviño; Begoña, de Salvaterra de Miño, e Belén, de Culleredo.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1328
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 3
Os espectadores da TVG poderán gozar hoxe coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa 'Land Rober Tunai Show'.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.05.2026
LUAR: LUAR 1482
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O dúo K-Narias e o rapeiro vigués Dirty Suc actúan no primeiro 'Luar' do mes de maio, dedicado ao Día da Nai. Polo escenario tamén pasarán a orquestra Acordes, a charanga tradicional galega Sete Aldeas e os membros do xurado de ‘Recantos’, que comeza hoxe a quinta fase do concurso.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 5
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. A presentadora Tania Llasera e o actor Marcos Pereiro falan de ligoteo, sexo e autoestima, hoxe en 'Malas pécoras'. Coñeceranse técnicas para manter viva a chama, relacións duradeiras e aprender a soltar cando o amor remata, e abordaranse as terapias de parella coa psicóloga Alba Álvarez.
BILLY ELLIOT
En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai. Este empéñase en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o mozo ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese momento, Billy dedicarase apaixonadamente á danza.
ZIGZAG: ZIGZAG 3397
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O director Ángel Santos visita este sábado, xunto ao actor Denis Gomez, o estudio de ‘Zigzag’ para falar da súa película ‘Así chegou a noite’.
LIBRO DE FAMILIA: A pita cega
A pesar da súa cegueira, Elvira segue empeñada en facer as cousas por ela mesma, o que desespera a don Venancio. Preocupado porque ten que saír a misar fóra, deixa a Pepe co encargo de coidala, o que lle vai custar algún disgusto.
LIBRO DE FAMILIA: Son mansiños
Álvaro recibe a visita de Balseiro. Como se dun pesadelo se tratase, sorpréndeo amenazándoo cunha pistola na cabeza. Casualmente, Pepe vai ser o seu salvador.
LIBRO DE FAMILIA: Catro faltas
Cando Óscar atopa a pluma do seu pai empeza a sospeitar, pero Lupe disuádeo con evasivas e excusas e informa rapidamente das sospeitas a Daniel. Estalle facendo crer que está tola, pero o que se ve, a visita de Ramón, sácaa de toda dúbida, e proporciónalle certas novas que non a deixan nin contenta nin conforme.
LIBRO DE FAMILIA: Bailes de salón
Lupe pídelle contas a Daniel da aparición de Ramón e do desenvolvemento do seu investimento, agora que as circunstancias cambiaron. Entre isto e a teima da granxa de coñecer os investidores, Daniel está moi nervioso. Máis despois da visita de Ramón e da chamada de Álvaro.