div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 27.04.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 27.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 72

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 116

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con gomas e esteira centrada no traballo de 'core' e glúteos. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 400

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O Termómetro’ segue de preto o caso de Martiño Ramos e fala do crecente interese polas poxas de vivendas, amais da posta en marcha do teléfono 018.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.04.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 27.04.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 27.04.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 786

Principia outra semana no 'Atrápame se podes' e hai cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 27.400 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Ángel, da Coruña; Begoña, de Salvaterra de Miño; Belén, de Culleredo; José, de Valdoviño e Natalia, de Moeche. Principia outra semana no 'Atrápame se podes' e hai cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 27.400 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Ángel, da Coruña; Begoña, de Salvaterra de Miño; Belén, de Culleredo; José, de Valdoviño e Natalia, de Moeche.

16:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1324

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1000

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 27.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 27.04.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 89

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Humor e música van da man este luns no 'Land Rober Tunai Show'.

22:40 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO II 17

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O dobre crime de Betanzos e a desaparición do taxista ourensán Elías Carrera centrarán o 'Expediente Oculto' deste luns. O programa tamén porá o foco no aumento da poboación de xabarís salvaxes e os problemas que ocasionan.

23:45 h

NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): O Chucán

A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O programa aborda esta semana o crime do Chucán. José Carnero acabou en 2007 coa vida da muller que viña contratando nos últimos tempos e, a pesar de que o xurado non atopou probas suficientes para condenalo, tempo despois confesou ser o autor da morte.

00:40 h

APACHE

Na rendición de Xerónimo no campo de batalla, Massai, un dos seus más valorosos homes, négase a se render, sendo deseguido rodeado polos soldados. Só unha persoa intenta axudalo: Nalinhe, unha fermosa india. Con todo, o valente mozo consegue fuxir do tren en que o trasladan para vivir unha vida en soidade pero libre.

02:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Pais e nais

O reloxo biolóxico de Carmiña semella terse espertado, aínda que Elías se nega rotundamente a casar. Para tranquilizar o enfado da súa noiva, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla lles deixou coidar do seu bebé recentemente nado.

03:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Gato escaldado

O negocio inmobiliario do novo alcalde semella ir como unha seda, polo que os operarios se ven na necesidade de comezar a desmontar o invernadoiro ante a incredulidade e o profundo enfado de Manuel.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Un ben común

Parece que todo Santalla quere formar parte do negocio inmobliario de Balseiro. Elías, por suposto, non quere quedar atrás e pretende mercar unha leira para que o alcalde lla permute por un piso.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Nin un pelo de parvo

Os veciños de Santalla están arruinados pola estafa de Ramón Balseiro. Toda a vila fala da súa encarceración e laméntase pola situación que deixou.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 27.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade